Que tal familias?
Outro ano máis, XA TEMOS GRUPO DE VOLUNTARIOS.
Como cada ano, buscamos entre o alumnado de 5º e 6º a esas nenas e nenos con afán de axudar aos compis e ao profesorado na tediosa labor da biblio, e un ano máis, xa os temos aquí.
Grazas a elas e eles, a biblioteca vai funcionar mellor, poderemos facer moitas máis actividades (retos, contacontos, apadrinamentos, etc), e a biblioteca vai seguir sendo un lugar de referencia para o alumnado, profesores e tamén para as familias.