31/5/12

A TARTARUGA QUE QUERÍA DURMIR

A PROFE MARÍA ENVIOUNOS DENDE O SEU COLE DA CORUÑA ESTE AGASALLO EN FORMA DE CONTO. MOITAS GRAZAS E MOITOS BICOS

Gozando coa visita de Fina Casalderrey

Por fin, despois de ter lido e gozado cos seus libros,tivemos a ocasión de pasar uns momentos marabillosos coa autora. Creo que moitos de nós non esqueceremos a súa simpatía e a súa sensibilidade. Faláchenos de libros, de poesía, de literatura, do proceso de escribir, das túas emocións ....
Grazas, Fina. Moitas grazas por compartir connosco o teu tempo.

visita Fina casalderrey

20/5/12

"Carmela y su duende" na clase de 2º curso


Open publication - Free publishing - More children

Resultado da lectura de "Carmela y su duende" de Gustavo Martín Garzo, @s alumn@s de 2º curso de primaria quedaron convertidos nuns  trasnos que coidan da biblioteca da Caracola Tola.

17/5/12

TÍTERES EN REDONDELA

Xa comezou o festival de títeres no noso concello e neste enlace podedes atopar toda a  información:

http://www.festivaltiteresredondela.com/presentacion.htm

15/5/12

EXPOSICIÓN SOBRE FINA CASALDERREY

NESTE ENLACE PÓDENSE VER AS FOTOS  DA EXPOSICIÓN SOBRE FINA CASALDERREY QUE TEMOS NA ESCOLA, CEDIDA POLA ASOCIACIÓN "MÁIS LIBROS" CO GALO DA VISITA QUE FARÁ A ESCOLA O VINDEIRO 23 DE MAIO.

14/5/12

OS TÍTERES DA ESCOLA

Moita imaxinación e traballo houbo realización de títeres que este ano se fixeron na escola, respondendo a unha invitación do festival de títeres de Redondela que está a celebrarse estes días. Aí vai unha pequena mostra da exposición que se fixo á entrada da escola e que se poderá ver nas rúas de Redondela os vindeiros días.









4/5/12

TRABALLANDO CO IMPRESS

Dentro do plan da Biblioteca para a creación de materiais propios relacionados coa busca documental elaboramos un sinxelo titorial pra a creación de presentacións dos traballos realizados.