20/12/12

A NOSA ÁRBORE DE NADAL

No facebook das bibliotecas de Redondela vimos esta árbore e gustounos tanto para decorar a entrada da nosa biblioteca que fixemos unha igual.
Por un nadal cheo de libros e solidariedade, aquí queda a nosa felicitación.

12/12/12

recitandocelsoemilio

O noso centro participou na actividade "recitandocelsoemilio" , aquí tedes o video que fixemos no recitado público.

11/12/12

CENTENARIO DE CELSO EMILIO FERREIRO

Ao cumprirse o centenario do nacemento do escritor galego Celso Emilio Ferreiro, a Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística (CGENDL) convocou a todos os centros de ensino, asociacións e persoas a título individual a xuntarse para ler o poema do devandito autor" DEITADO FRENTE AO MAR" o mércores 12 de decembro ás 12 da mañá como unha forma de renderlle unha merecida homenaxe.
O noso centro súmase a esta multitudinaria convocatoria e fará unha lectura pública e conxunta de todo o alumnado e profesorado.

Enlaces de interese:


Para saber máis:

http://www.coordinadoraendl.org/entrada.php

1/12/12

"Os putrefactos" no culturgal

Coa visita ao Cultugal , rematamos os nosos cabezudos e vimos unha morea de cousas interesantes; despois de desfilar coa cabezudos na inauguración, asistimos o concerto de "Liño de Cuco" e visitamos os diferentes postos da feira. 
Resultou do mçais entretido!












BEBORES DE TINTA EN 4º

Comezamos a ler "OS BEBEDORES DE TINTA" e sacamos unhas fotos facendo unha imitación do personaxe  de bebedor de tinta que aparece no libro. Vaia cara de felicidade e concentración se nos puxo!