Hoxe imos estar moi atent@s ao programa de "PONTE...NAS ONDAS" que se emite en directo desde o CUVI en Vigo e desde Radio Redondela.
Nós enviamos o programa xa gravado, pero estaremos pendientes dos compañeiros e compañeiras dos centros de redondela que van saír en directo porque queremos aprender e gozar desta experiencia.
SE VOS QUEREDES CONECTAR O ENLACE É
http://www.pontenasondas.org/en
30/5/14
25/5/14
PLAN DE AFORRO
24/5/14
DESCRICIÓN DE AMBIENTES
SEGUINDO COA PROGRAMACIÓN DO NOSO PROXECTO "MEDINDO E CONTANDO" , ESTES DÍAS ESTAMOS A DESCRIBIR PAISAXES E AMBIENTES RELACIONADOS CO TEMA DO "TRABALLO E O SALARIO" .
O ALUMNADO DE 5º ESTÁ E DESCRIBIR ESTA IMAXE TAN IMPACTANTE E QUE, POR CERTO, EMPEZARON A FACELO MOI BEN.
O CUADRO É OBRA DO ARTISTA ARXENTINO ANTONIO BERNI.
O ALUMNADO DE 5º ESTÁ E DESCRIBIR ESTA IMAXE TAN IMPACTANTE E QUE, POR CERTO, EMPEZARON A FACELO MOI BEN.
O CUADRO É OBRA DO ARTISTA ARXENTINO ANTONIO BERNI.
20/5/14
A CASA DO AVÓ
O alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º tivemos hoxe a sorte de asistir o preestreno da obra "A casa do avó" de Tanxarina, no multiusos Piñeiral do Crego.
'Un neno recibe o aviso de que o seu avó vai ser desaloxado da súa casa porque
foi embargada por un banco.
Na medida en que o neno se pon en marcha para
axudar ao seu avó, dispárase un mundo de pequenas e
divertidas aventuras, nun encontro entre o cómico e o poético, que desembocan
nun final feliz propiciado polo apoio solidario'.
Moitas grazas a Tanxarina e o Festival Internacional de Titeres de Redondela.
16/5/14
MARATÓN DAS LETRAS GALEGAS
HOXE CELEBRAMOS A MARATÓN DAS LETRAS GALEGAS ENTRE TODS OS CENTROS DO ENSINO PÚBLICO DE CHAPELA.
O ALUMNADO DE PRIMARIA LEVABA COMO DORSAL DIFERENTES PALABRAS EN GALEGO, XA TRABALLADAS NAS AULAS.
TODOS E TODAS PUXÉRONLLE MOITO ENTUSIASMO E FOI UN GRAN DÍA DE CONVIVENCIA.
FOTOCOL DAS MALVELAS
TAMÉN APROVEITAMOS PARA FACERLLES ALGUNHAS FOTOS NO FOTOCOL QUE TEMOS Á ENTRADA DA ESCOLA RELACIONADA COA ESCOLA ANTIGA.
GRAVANDO PARA "PONTE NAS ONDAS"
ONTE TIVEMOS A INMENSA SORTE DE RECIBIR A VISITA DALGUNHAS COMPOÑENTES DE MALVELA PARA FACERLLE UNHA ENTREVISTA QUE SE GRAVOU PARA O PROGRAMA DE RADIO ESCOLAR "PONTE NAS ONDAS".
O ALUMNADO DE 6º PREPAROU UNHA ENTREVISTA POR BLOQUES TEMÁTICOS E HAI QUE DICIR QUE O FIXERON MOI BEN.
ASISTIRON COMA INVITADOS OS ALUMNOS E ALUMNAS DE 5º. TANTO NOS GUSTABA O QUE DICÍAN E COMO O DICÍAN QUE NON SE ESCOITABA UNHA MOSCA.
AO FINAL, A GRAVACIÓN QUEDOU MOI BEN E XA A SUBIREMOS DESPOIS DO 30 DE MAIO QUE É CANDO SE VAI EMITIR O PROGRAMA.
TAMÉN, XA AO FINAL, INVITAMOS A ALGÚNS CURSOS QUE SE ATOPABAN PERTO DA AULA DE MÚSICA PARA PODER ESCOITAR ALGUNHAS CANCIÓNS ( NON SE PODÍAN IR SEN CANTAR) .
ENTRE TODOS CANTAMOS, COMO NON, " O PIRIMPIMPÍN"
14/5/14
EXPOSICIÓN DE MOEDAS
O ALUMNADO DE 3º ESTIVO TRABALLANDO SOBRE DIFERENTES MOEDAS DE VARIOS PAÍSES, TANTO ANTIGAS COMO MODERNAS.
OS DEMAIS CURSO VISITARON A EXPOSICIÓN E RECIBIMOS UNHA BOA EXPLICACIÓN.
OS DEMAIS CURSO VISITARON A EXPOSICIÓN E RECIBIMOS UNHA BOA EXPLICACIÓN.
INFORMACIÓN SOBRE AS LETRAS GALEGAS
ESTE ANO ESTIVEMOS TRABALLANDO PARA AS LETRAS GALEGAS COAS ACTIVIDADES LIM QUE ELABOROU O COLEXIO DE MALLÓN PARA OS DIFERENTES CICLOS. TAMÉN TRABALLAMOS A UNIDADE DIDÁCTICA ENVIADA POLA XUNTA DE GALICIA E AS ACTIVIDADES PROPOSTAS POLO SEMINARIO GALÁN.
http://bibliodemallon.blogspot.com.es/2014/05/letras-galegas-2014-infantil.html
http://bibliodemallon.blogspot.com.es/2014/05/letras-galegas-1-ciclo-primaria.html
http://bibliodemallon.blogspot.com.es/2014/05/letras-galegas-2014-2-ciclo.html
http://bibliodemallon.blogspot.com.es/2014/05/letras-galegas-2014-3-ciclo.html
http://www.seminariogalan.org/
HOXE ESTIVEMOS CON 2º CURSO TRABALLANO NA BIBLIOTECA SOBRE DÍAZ CASTRO.

O BAÚL DE XABIER DOCAMPO
CON MOTIVO DA VSITA DE XABIER DOCAMPO , TIÑÁMOSLLE PREPARADO UN BAÚL CON OBXECTOS RELACIONADOS COAS SÚAS HISTORIAS:
UNHA VASOIRA, UNHA BOLBORETA, UN BARQUIÑO DE PAPEL, UNHA BOTELLA , UN FRASCO CON BÁGOAS DE NENA ( DE AUGA),UN LIBRO DE "A ILLA DO TESOURO" .....
UNHA VASOIRA, UNHA BOLBORETA, UN BARQUIÑO DE PAPEL, UNHA BOTELLA , UN FRASCO CON BÁGOAS DE NENA ( DE AUGA),UN LIBRO DE "A ILLA DO TESOURO" .....
5/5/14
POR FIN, XABIER DOCAMPO
MOITO TEMOS QUE COMENTAR DAS VERBAS E DO HUMOR DE XABIER DOCAMPO NA SÚA VISITA.
POLO DE AGORA, SUBIREMOS ALGUNHA MOSTRA DAS FOTOS E LOGO MOSTRAREMOS ALGÚN VÍDEO.
4/5/14
O ABECEDARIO DE XABIER DOCAMPO.
MLUNS, 5 DE MAIO: VISITA DE XABIER DOCAMPO
AGARDAMOS CON ENTUSIASMO A VISITA QUE ESTE LUNS, 5 DE MAIO, NOS FARA XABIER DOCAMPO E GOZAREMOS CO SEUS RELATOS E CONTOS.
NOVAS ACTUACIÓNS NO RECREO
SEGUEMOS A GOZAR DE ACTUACIÓNS DURANTE O RECREO.
ESTA VEZ FOI UXIA ( 4º) COA GAITA E MARTA E MIKIAS (2ºB) Á GUITARRA OS QUE NOS OGRECERON UN GRAN E VARIADO CONCERTO.
ESTA VEZ FOI UXIA ( 4º) COA GAITA E MARTA E MIKIAS (2ºB) Á GUITARRA OS QUE NOS OGRECERON UN GRAN E VARIADO CONCERTO.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)