11/3/10

21 DE MARZO

O Día da Poesía está preto, e mentres agardamos a que rematedes os caligramas, recomendámosvos un libro onde podedes atopar algunha idea.

"Contos e poemas para un mes calquera"

Autores: Jordi Sierra I Fabra e Antonio García Teijeiro

Ilustradora: Antonia Cortijos

8/3/10

Soños na gaiola

Dentro do itinerario lector de 6º curso, este ano, estamos a ler "Soños na gaiola" de Manuel María. Aquí vai unha guía de actividades relacionadas coa súa lectura.

5/3/10

QUE PINTAN AS MULLERES NOS MUSEOS?

Pois nós pensamos que pintan moito, e senón nos credes... mirade:

2/3/10

MARUJA MALLO

... E se falamos de mulleres artistas, non podemos esquecer a unha galega moi coñecida por todos nós.
Neste video poderedes ver unha recreación de obras de Maruja Mallo con musica de Halfter.

8 de MARZO

Chega o día da muller traballadora (8 de marzo) e con ela unha necesaria reflexión sobre o papel das mulleres na arte.
Pinchando na imaxe de abaixo poderás ver a obra e biografía de grandes mulleres artistas.

28/2/10


Por si alguén no pode vir á escola a ver as nosos traballos, aquí tedes unha oportunidade para ver @s bos e boas ilustrador@s que temos na escola.

26/2/10

ESTIVEMOS LENDO...

Xa leva moito tempo con nós pero sempre voltamos a lelo por estas datas e continúa a gustarnos.
O texto é de Helena Villar Janeiro e as ilustracións de Ánxeles Ferrer,estando editado pola Fundación Rosalía de Castrro.