28/4/11

MÁIS ACTIVIDADES: A BIBLIOCARAVANA.






Recibimos a visita da bibliocaravana do Concello de Redondela onde , por medio de libros, quedaba reflectida a diversidade lingüística da península ibérica. Foi do máis interesante.


ACTIVIDADES NA SEMANA DO LIBRO






Coa bibliocaravana do Concello de redondela viñeron dúas contacontos que animaron ao alumnado de E. Infantil e 1º ciclo de Primaria.Pasámolo moi ben!

27/4/11

Á DESCUBERTA DE XULIO VERNE













As actividades do Libro céntranse na figura de Xulio Verne; estamos a descubrir aspectos moi interesantes das súas obras e a visión de futuro, predecindo moitas descubertas posteriores a el.







26/4/11

VIOLETA NON É VIOLETA, Actividades para 3º curso de E. Primaria no ALEXANDRE BÓVEDA

QUE LIBRO SALVARÍAS?

DENTRO DAS ACTIVIDADES DO DÍA DO LIBRO A CARACOLA TOLA PEDIUNOS QUE SALVÁSEMOS UN LIBRO DA LITERATURA GALEGA; VELAQUÍ TENDES A PROPOSTA, NUNS DÍAS TEREMOS OS RESULTADOS.





XELA VOLVEUSE VAMPIRA, Actividades para 4º curso no CEIP ALEXANDRE BÓVEDA

Algunhas das actividades que estivemos a realizar coa lectura do libro de Fina Casalderrey "Xela volveuse vampira"

11/4/11

ENCONTROS PLAMBE 2011



O venres, 8 de abril, estivemos nos Encontros PLAMBE das Bibliotecas escolares de Galicia. Sempre voltamos sorprendidas pola cantidade e calidade do traballo que se fai nas bibliotecas de Galicia, pola calidade das ponencias (canto temos que aprender no tema da autoavaliación!!)e pola excelente organización ( coma sempre) das responsables Pilar e Cristina. Sabemos que nos queda moito por facer, pero imos á modo polo camiño certo.