31/10/12

MOCHILAS VIAXEIRAS

Xa están en circulación as mochilas viaxeiras, este ano seguindo o Proxecto do Centro " O Horto Escolar", esperamos sementar unha boa semente.

Os noso hortos

30/10/12

VERDACEDARIO

PARA FESTEXAR O MAGOSTO E O SAMAÍN O ALUMNADO DE PRIMEIRO PREPAROU ESTE VERDACEDARIO

25/10/12

TRABALLANDO COA ANIMACIÓN



ESTES DÍAS ANDAMOS A FALAR MOITO DE LIBROS E DE BIBLIOTECAS; NADA MELLOR QUE VER ESTA MARABILLOSA CURTAMETRAXE SOBRE A MAXIA DOS LIBROS.

"Es un libro", de Lane Smith. Océano Travesía.

24/10/12

MÁIS ACONTECEMENTOS NO MES DAS BIBLIOTECAS

O alumnado de 6º preparou unha pequena dramatización sobre o libro:


e despois na biblioteca representámolo para o primeiro ciclo na HORA DE LER.
Nos seguintes días teremos como público a outras clases.









CELEBRANDO O DÍA COAS MOCHILAS VIAXEIRAS

Xa empezaron a rular entre o alumnado de todas as aulas as mochilas viaxeiras deste curso. Había moita inquietude e nerviosismo por ver cal era o contido das mochilas.
Esperamos que sexa do voso agrado!