15/3/13

Continuando coas comunicacións sobre o 8 de marzo

Máis fotos doutros cursos sobre estes relatorios que durarán ata o luns durante a o HORA DE LER



14/3/13

Máis sobre o 8 de marzo no 1º ciclo

O profesorado do 1º ciclo montou unha especie de fotomatón cunha fotografía de R. M. Anderson e o alumnado fíxose fotos imitando ás mulleres dun colmado en Galicia a principios do s. XX.
Esta é unha mostra do que pasou.


Fotos de principios de s. XX

O alumnado de E. Infantil estivo traballando a figura de Ruth Matilda Anderson e decidiron facerse fotos uns a outras coma a famosa leiteira que fotografara ela. Aí temos algunha mostra da montaxe que se vai realizar.

Comunicamos o que aprendemos

Este ano , o 8 de marzo, estivemos traballando a figura de Ruth Matilda Anderson como muller pioneira e fotógrafa da realidade rural de Galicia a principios do s. XX.
Realizamos varias pescudas relacionadas coas mulleres importantes, coa condición da muller, etc..e contámololo desde 3º a 6º ás diferentes clases.



Participando nos encontros de bibliotecas en Santiago

Estivemos o venres, 8 , nos encontros de bibliotecas en Santiago mostrando os nosos traballos e aprendendo doutras experiencias escolares. Coma sempre, voltamos encantadas.

4/3/13

LIBROS PARA O 8 DE MARZO

Da Biblioteca de Pontevedra conseguimos estes libros que nos poden axudar no traballo sobre o 8 de marzo:



Preparando o 8 de Marzo

Xa estamos a voltas na escola co 8 de Marzo e queremos poñer en valor ( unha vez máis) un enderezo que xa nos foi moi útil para o 25 de Novembro:

http://www.igualdadevigo.org/datasedatos/datasedatos.HTML