29/11/13

AS MEDIDAS CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA

ESTAS SON AS ACTIVIDADES REALIZADAS AO LONGO DA SEMANA ADICADAS Á LOITA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

ACTIVIDADES PARA CHUQUELO

27/11/13

0 25 de novembro en E. Infantil

´Tamén en E. Infantil realizaron a mesma actividade que o alumnado de Primaria pero foron utilizando gomas como medida de lonxitude.


CHEO ABSOLUTO NO 1º CONCERTO

Hoxe inauguramos una nova andaina na biblioteca: a temporada de concertos no recreo.
Sergio Martínez , de 5º curso , ofreceunos un mini-concertó co bombardino e estivemos gozando coa súa música.
O máis sorprendente foi a expectación que se produciu xa que non había sitio para toda a xente que asistiu ao concerto.
Isto anímanos a seguir con esta experiencia que terá una determinada frecuencia.
Moitas grazas a Serxio e desexarlle un feliz camino no mundo da música.
 



 

XUNTANZA DAS BIBLIOTECAS DE REDONDELA

O martes, 26, tivemos unha nova xuntanza das bibliotecas de Redondela. estivemos a tratar varios asuntos como a coordinación do cómic viaxeiro que aínda está facéndose.
Tamén tratamos a participación no concurso de "Ponte nas Ondas" como grupo e avanx¡zando un chisco sobre o seu contido e a forma de organizalo.
Quedamos para unha nova xuntanza en Febreiro, o martes 18.