Para os lectores e lectoras máis expertos temos algunhas novidades ben divertidas e que tratan de viaxes:
28/9/14
ZOOM
Xa hai tempo que figura entre os nosos preferidos pero este curso traballaremos co libro"ZOOM" de Istvan Banyai editado polo Fondo de Cultura Económica de México. Resulta moi interesante como motivación para falar os diferentes puntos de vista que se poden dar das imaxes e da realidade.
Tamén incluímos un enlace para poder velo en movemento:
http://www.youtube.com/watch?v=JMhUujrN4iU
e un slideshare:
http://es.slideshare.net/linafernandav/zoom-by-istvan-banyai
Ademais, poñemos a 2ª parte titulada "RE-ZOOM" :
http://www.youtube.com/watch?v=_qLMUkSc1WA
LIBROS DE VIAXE
Como este curso temos as maletas preparadas para viaxar, dedicarémonos a buscar libros da nosa biblioteca que falen de viaxes, camiños...
Atopamos un libro moi suxerente:
" CAMIÑOS SEN NOME" de Anna Castagnole da editorial OQO.
Recollido dese libro, textualmente:
" Non todos os camiños teñen nome.
Hainos nos que non hai ruído ningún"
APERTURA
O luns, 29 de setembro, a Caracola Tola abre as súas portas e sabemos moitos e moitas de vós estades esperando que pase isto. Teremos algunha sorpresa e , polo momento, vai a nosa invitación que xa fomos deixando por toda a escola.
Quixemos poñer o logo do REFORM CLUB xa que era un lugar de discusión e debate sobre o que ocorría no mundo e os avances tecnolóxicos que se ían producindo e tendo sempre como obxectivo o noso proxecto central.
18/9/14
UN PEQUENO APERITIVO
O primeiro día da clase, como elemento motivador e para ambientar a entrada da escola, montamos unha pequena exposición de libros e obxectos relacionados co noso proxecto. Estas son algunhas imaxes:
15/9/14
UNHA DE VIAXES PARA COMEZAR...
Nalgúns cursos empezamos traballando este marabilloso libro de Mercé Sendino "VIAJES" que por medio de versos pareados fainos sentir os distintos aspectos dunha viaxe e a súa relación coas maletas.
Nalgúns cursos foron completando as posibles rimas, noutros foron inventando unha historia a partir de determinadas imaxes, outros inventaron eles mesmos algúns pareados e outros máis pequenos debuxáronse integrándose nalgunha imaxe do conto. Mostraremos máis adiante algúns deses traballos.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)