O alumnado de 1º empezaba hoxe con novas normas da biblioteca ( distintas das de E. Infantil) e o alumnado de 6º prestouse a ensinarlle todo o que se pode facer na biblioteca.
1/10/15
Inauguración da Biblioteca da Caracola Tola
Hoxe inauguramos a nosa biblioteca con todos os honores.
Xa había moitas ganas porque non recreo non dimos abasto para atender todas as peticións de empréstitos.
Antes tivemos un concerto a cargo de Nano (6º) co clarinete, Luis (4º A) tamén co clarinete e Serxio ( 4º A) coa gaita.
Foi na entrada da escola, a carón da biblioteca.
Pasámolo xenial e gozamos cos nosos artistas.
HOXE, ABRIMOS
Por fin.
Hoxe comezamos unha nova andaina con tanta ilusión coma sempre.
Para celebralo, temos un concerto na entrada da biblioteca a cargo de Luis Rey, Segio e Nano.
Cada un deles agasallaranos cunha peza.
Entre outras actividades, fixemos unha invitación a modo de mural.
24/9/15
REUNIÓN DO OBRADOIRO ESCRITA
Este curso , o profesorado que dá clases de lingua (galega ou castelán) desde 2º a 6º traballaremos dun xeito coordinado o tratamento da escrita.
Así , na reunión de hoxe perfilamos o enfoque nos prantexamentos da escrita, cun guión que xa subiremos a este mesmo blog.
Hai libros que nos son de gran axuda.
Aquí deixamos á vista algún deles.
A ESCRITA NA HORA DE BIBLIOTECA
Comezamos xa a experimentar diferentes formas de expresarnos.
Hoxe inspirámonos no libro de " AL RITMO DE LAS COSQUILLAS. CUERPOEMAS I".
A partir dunha estrutura dun poema dos que figuran neste libro, comezamos a xogar co ritmo dos versos e a compoñer nós os propios.
aínda non rematamos pero xa se lle ven as trazas.

21/9/15
Traballando a atención e a capacidade de observación.
En 2º de primaria estamos traballando o libro " JUEGO DE LUCES".
despois de contar a historia , cada un/ unha terá que numerar as diferentes esceas por orde de aparición no conto.
Posteriormmente en plástica, traballarán a cor , xogando coas sombras en negro.
despois de contar a historia , cada un/ unha terá que numerar as diferentes esceas por orde de aparición no conto.
Posteriormmente en plástica, traballarán a cor , xogando coas sombras en negro.
PESCUDANDO SOBRE O NOSO PROXECTO DE CENTRO
Estes días hai libros da biblioteca que andan pasando dunhas mans a outras porque estamos dándolle voltas ao noso proxecto e introducilo nas programacións e na vida escolar do centro.
Este é un deses libros:
Este é un deses libros:
Suscribirse a:
Entradas (Atom)