De lectura obrigada parécenos este libro que nos mostra que a xeometría pode ser útil para todo o mundo, incluso para Nube, o can do protagonista. Este libro axúdanos a entender a xeometría dun xeito fascinante.
30/11/15
QUÍMICA HASTA EN LA SOPA
¿Qué tienen en común un lápiz y un diamante?
¿Las gafas para el sol protegen del sol?
¿Por qué se hinchan los fideos de la sopa?
PARA COÑECER ESTAS RESPOSTAS E OUTRAS IGUAL DE INTERESANTES NON DEIXES DE CONSULTAR :
¿Las gafas para el sol protegen del sol?
¿Por qué se hinchan los fideos de la sopa?
PARA COÑECER ESTAS RESPOSTAS E OUTRAS IGUAL DE INTERESANTES NON DEIXES DE CONSULTAR :
LEMBRANZA DE NEIRA VILAS
Para aquelas persoas que levamos tempo nesta escola aínda lembramos con emoción a visita que un día nos fixo NEIRA VILAS e ANISIA MIRANDA.
Buscaremos nos arquivos e atoparemos as fotos daquel encontro inesquecible.
Pero nos queda a súa defensa do idioma, a memoria como material literario, o seu mundo tan universal e a vixencia das súas palabras.
Aquí deixamos as súas dedicatorias.
26/11/15
25 de novembro
Esta son as nosas suxestións de actividades para traballar durante estes días contra a violencia machista.
14/11/15
TRABALLANDO NO PROXECTO
Dentro da nosa idea de desenvolver ao máximo os contidos dun xeito experiemental , imos mostrando diferentes aspectos deste traballo. Este ten que ver coas ciencias naturais e cada alumno/a móstranos as partes da súa lingua relacionadas cos distintos sabores.
PREPARANDO O 25 DE NOVEMBRO
Xa estamos inmersos na preparación do 25 de Novembro.
A profe Bea encárgase de ir facendo a ambientación para a posterior realización dunha actividade co alumnado.
NA HORA DE LER
Entre as diferentes actividades que se van realizando na HORA DE LER tivemos unha que consistía en agasallarnos cun poema que nos gustara moito.
Outros optaron por recomendarnos o seu libro favorito. Poidemos comprobar que Rosalía segue tendo unha aceptación ben alta entre o noso alumnado. Teremos algo que ver nós con todo isto?
Suscribirse a:
Entradas (Atom)