25/1/16
23/1/16
Exposición de libros sobre o Día da z
Estamos rematando a presentación de actividades para o día da Paz; mentres tanto, aí están unha parte dos libros da nosa biblioteca relacionados con dito tema.
21/12/15
CONCERTO PARA REMATAR O ANO
Pedro tocou o violín acompañado de Mikias e Nico na percusión e logo Marta tocou a guitarra(alumnado de 4º B) agasallándonos cun concerto para rematar o ano que nos soubo a gloria.
Un aplauso moi grande para eles.
16/12/15
AGASALLA GALEGO
É unha proposta realizada pola biblioteca, o departamento de Dinamización e o de TIC.
Esperemos que vos guste.
15/12/15
TRABALLO SOBRE OS CONTOS CLÁSICOS E OS ESTEREOTIPOS.
Coa clase de 3º e de 4º vimos de ler este marabilloso libro de "El Hematocrítico"titulado FELIZ FEROZ .
Ademais de rir moito co libro serviu para falar sobre os diferentes personaxes dos contos clásicos que aparecen no libro e sobre os que os demais esperan de nós.
Traballando a secuenciación visual e a expresión oral
Co alumnado de 2º , na hora de biblio, estivemos traballando a secuenciación visual co marabilloso libro de "Adivina quién hace qué".
Despois de escanear o libro e de interpretalo, fómonos colocando por orden de aparición ao mesmo tempo que tiñamos que expresar oralmente o que ía pasando.
ao rematar estabamos nun círculo, pechando o conto.
TRABALLANDO COS LIBROS DA BIBLIOTECA
En 2º e en 3º curso na hora de biblioteca contamos un conto "Gorilón" e logo estivemos traballando a nivel oral e escrito as diferentes estruturas da narración.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)