https://www.youtube.com/watch?v=QyAz_JtZJFQ
https://www.edu.xunta.es/centros/ceipfernandezlatorre/system/files/Os%20sonos%20web.pdf
http://dedaleiraonavalon.blogspot.com.es/2015/10/a-lua-manuel-maria.html
https://www.youtube.com/watch?v=IasyAbqMFUY
http://es.calameo.com/read/00240721020c80a9166bc
https://obloguedepoesia.com/2013/10/06/recitando-campas-de-manuel-maria/
https://www.youtube.com/watch?v=9UBQcYjXo18
https://www.youtube.com/watch?v=ChSq1oi884k
http://rakontopequeno.blogspot.com.es/2016/01/venres-de-poesia-con-manuel-maria-poema.html
http://www.casamuseomanuelmaria.gal/upload/recursos/cat_3/32/animais-(manuel-maria).pdf
http://www.casamuseomanuelmaria.gal/recursos/audios/musica.htm
http://www.aelg.org/centro-documentacion/autores-as/manuel-maria/unidades-didacticas
17/4/16
GALICIA . "OS SOÑOS NA GAIOLA " MANUEL MARÍA
A vindeira semana celebraremos varias actividades relacionadas co Día do Libro e algunhas delas moi relacionadas xa con MANUEL MARÍA.
Este é un dos seus poemas máis significativos.
GALICIA
Galicia docemente
está ollando o mar:
ten vales e montañas
e terras para labrar!
Ten portos, mariñeiros,
cidades e labregos
cargados de traballos,
cargados de trafegos!
Galicia é unha nai
velliña, soñadora:
na voz da gaita rise,
na voz da gaita chora!
Galicia é o que vemos:
a terra, o mar, o vento...
Pro hai outra Galicia
que vai no sentimento!
Galicia somos nós:
a xente e maila fala
Se buscas a Galicia
en ti tes que atopala!
está ollando o mar:
ten vales e montañas
e terras para labrar!
Ten portos, mariñeiros,
cidades e labregos
cargados de traballos,
cargados de trafegos!
Galicia é unha nai
velliña, soñadora:
na voz da gaita rise,
na voz da gaita chora!
Galicia é o que vemos:
a terra, o mar, o vento...
Pro hai outra Galicia
que vai no sentimento!
Galicia somos nós:
a xente e maila fala
Se buscas a Galicia
en ti tes que atopala!
MANUEL MARÍA. “Os soños na gaiola”
16/4/16
OS RECREOS DA BIBLIO
Con moita impresión quedamos os asistentes ao concerto que tres alumnas de 3º nos ofreceron o pasado venres nos " RECREOS DA BIBLIO".
Piano, Guitarra e clarinete foron os instrumentos tocados por Laura , Lucía e Dora respectivamente.
Parabéns ! e a continuar estudando e que nos poidamos gozar diso.
Traballando coa TOPONIMIA
O mércores, pasado, desafiando aos elementos e prantando cara á chuvia, saímos a facer un percorrido por algúns barrios de Chapela.
Fixemos algunhas descubertas como os nomes xeográficos relacionados con algúns topónimos: Costeira, Fondón,..Tamén a orixe doutras palabras coma Cidadelle ou o antigo nome do barrio da nosa escola.
Ao final, tivemos sorte coa chuvia e gozamos co roteiro, organizado este polo equipo de Dinamización Lingüística do Concello.
10/4/16
CIENCIA EN MOVIMENTO.
O pasado xoves 7, o alumnado de 5º e 6º tivo a oportunidade de aprender moitsímas cousas no Museo Científico Itinerante que se achegou á escola subvencionado polo concello de Redondela.
Pasou o tempo voando porque todo era moi interesante e fíxonos reflexionar sobre a gravidade, motores, a enerxía, a temperatura, o comportamento dos líquidos ... e unha morea de cousas máis.
28/3/16
AS NOSAS MULLERES TRABALLADORAS
O alumnado de 5º e 6º estiveron a darlle voltas buscando a súa muller traballadora nun entorno próximo.
O resultado foi este precioso traballo sobre as avoas, bisavoas, nais, veciñas, coñecidas,... que nos relataron a súa historia e que quixeron compartila con nós.
Serviu tamén como reflexión sobre o traballo silencioso e esquecido das mulleres galegas que levaron adiante este país en tempos moi difíciles.
Moitas grazas por compartilo con todos e todas nós!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)