19/5/16

FOTOS (atrasadas ) DA MARATÓN DAS LETRAS GALEGAS.

Pois como estamos a tope , nos damos feito a subir todas as actividades que levamos esta semana.O luns, 16, foi a XX MARATÓN DAS LETRAS GALEGAS  que vimos celebrando cada ano entre todos os centros públicos de Chapela ( Angorén, Igreza e laredo) así como o IES. O lema deste ano foi " 20 ANOS CORRENDO POLO GALEGO"  e cada centro levaou un debuxo alusivo ao tema.
O tempo axudou e pasámolo moi ben.








Un pequeno texto do escoitado


Despois do encontro con MANUEL VEIGA,  o alumnado de 5º realizou un pequeno resumo coa conseguinte valoración crítica do acto do día anterior.
agúns deles esforzáronse moito , como é o caso de ALBA C. e xa nos imos dando de conta de todo o que levamos aprendido e do moito que melloramos na realización deste tipo de traballos.

ENCONTRO CON MANUEL VEIGA

Este mércores, 18, estivo na nosa escola o escritor e xornalista MANUEL VEIGA, autor do libro " MANUEL MARÍA. VIDA, VERSOS E REBELDÍA".
Contounos algúns aspectos da vida e da obra de Manuel María e limos con el unha escolma de poemas do autor homenaxeado.











A MADALENA DE PROUST

Estes días andamos a voltas no obradoiro de escrita coas percepcións sensoriais e estivemos traballando o recordo a través dos sentidos.
Por iso mesmo, non podiamos evitar falar da impresión que lle causou a marcel proust aquela madalena e todos aqueles recordos que lle trouxo e todo o que lle dou a para escribir e contar.
e falando e falando non se nos ocorreu mellor idea para ACTIVAR OS SENTIDOS  que degustar unha madalena ( de chocolate) que nos soubo a gloria e xudounos  TRABALLAR MELLOR.
Aquí vemos ao alumnado de 5º probando as madalenas.




8/5/16

DOCE DÍA DO LIBRO

Na pastelaría CAPRI  de Pontevedra decidiron rendirlle unha homenaxe ao autor homenaxeado no DÍA DO LIBRO  e este é o marabilloso e apetecible resultado.







A FESTA DOS MAIOS

PRIMARIA




  
INFANTIL




 FAMILIAS



PREPARANDO OS MAIOS

Durante esta semana estivemos coa preparación dos maios.
Inventamos coplas sobre temas moi variados  e coas conseguintes críticas, como ten que ser.
aqui van unhas fotos do alumnado de 5º preparando o fiuncho e logo o profesorado montando o maio coas achegas de todos os cursos.
Diferentes asociacións agasalláronnos con algúns maios que participaron no concurso de Redondela.  da PONTE DE RANDE é un deles.