As aulas do cole estivemos confeccionando os nosos disfraces nuns obradoiros internivel. Como para algunhas familias, o alumnado tivo que gardar o segredo, non vos podemos contar en que consisten....pero as fotos vos darán unhas pistas.....
22/2/17
VERBAS UNIVERSAIS PARA MANIFESTAR O NOSO SENTIR
Como forma de expresión, ás doce da mañan, o alumnado e o profesorado do noso centro gardou un minuto de silencio escoitando "Negra sombra", o poema de Rosalía de Castro musicado por Luz Casal e Carlos Nuñez.
17/2/17
PREPARANDO O ENTROIDO
Este ano no Entroido estamos a realizar un traballo internivel entre as clases. Aproveitamos a colaboración das familias e os seus monumentos favoritos para buscar ideas para o noso disfraz.
TRABALLOS EN VERTICAL
A partires dun artigo d a revista "O PAPAGAIO o xornal da xente miúda" estivemos investigando sobre os traballos e os traballadores en vertical.
30/1/17
A VIAXE DE MUNA
Dentro do traballo sobre @s refuxiados que fixemos polo día da Paz adaptamos esta canción do cd/libro "Rolf and Flor en Londres" de the Pinker Tones.
CONMEMORAMOS O DÍA DA PAZ CON TANXARINA
Hoxe o alumnado de Primaria estivemos no multiusos de Chapela con Tanxarina, que representaban a súa obra "As bombas e o xeneral" espectáculo onde recrean con siluetas animadas, música e actores a historia dun Xeneral que quere organizar unha guerra e para iso conta cun arsenal de bombas atómicas. Unha gran espectáculo!!!!!
![]() |
TANXARINA |
27/1/17
CONTACONTOS
Un ano máis o alumnado de sexto de Primaria preparou uns contacontos para a Hora de Ler dos venres. Animando a lectura os pequenos da escola!!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)