Inda que xa pasou un anaco de tempo dende que iniciamos o curso, non estivemos quedos así que imosvos a presentar o que fixemos.
Como todos os cursos previos, en maio e xuño, elaboramos e presentamos o noso P.D.I para este curso 2017-2018 que eiqui vos imos deixar, para que lle botedes unha ollada e vos vaides informando.
31/10/17
OBRA DE TEATRO : O VALO
" O Valo" é unha obra de teatro, escrita por Carlos Labraña e publicada pola Biblioteca Dramática Galega, premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil 2016, escrita en homenaxe a todas as víctimas das guerras, obrigadas a abandonar a súa terra na procura de refuxio. Como Marwan, un meniño de apenas catro anos que coa súa familia cruzou o deserto fuxindo da contenda siria. El salvouse pero outr@s nen@s non tiveron tanta sorte ...
Según o autor, esta obra foi escrita para que as súas historias non caian no esquecemento e constitúan o xerme da loita contra os valos, aramados, muros e fronteiras que dividen o mundo.
O 20 de Setembro, foi representada pola compañía " PALLASOS EN REBELDÍA" no Multiusos de Chapela, no " Piñeiral do Crego". Función na que participamos xunto cos outros coles de chapela.
Estivo moi ben. Un aplauso polo autor, a obra e a compañía.
23/10/17
24 DE OUTUBRO : DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES.
Un ano mais volvemos a abrir o noso bloc nesta data tan significativa. Pouco a pouco vos iremos contando que fixemos e que faremos para desenvolver neste curso os nosos proxectos.
Un ano mais BICOS MOLLADOS para tod@s e BENVID@S.
Un ano mais BICOS MOLLADOS para tod@s e BENVID@S.
19/5/17
LETRAS GALEGAS 2017
ESTE ANO A CARACOLA TOLA VEN DE CELEBRAR A FESTA DA NOSA LINGUA CON DIFERENTES ACTIVIDADES ADAPTADAS AO NOSO PROXECTO INTEGRADO DE CENTRO E AO ESCRITOR CARLOS CASARES.
COMEZAMOS CUNHA EXPOSICIÓN DE LIBROS DO AUTOR SOBRE OS QUE SE REALIZARON DISTINTAS ACTIVIDADES
COMEZAMOS CUNHA EXPOSICIÓN DE LIBROS DO AUTOR SOBRE OS QUE SE REALIZARON DISTINTAS ACTIVIDADES
DENDE O DEPARTAMENTO DE NORMALIZACIÓN DESEÑOUSE O CARTEL QUE SERVÍU DE ELEMENTO MOTIVADOR
TOMANDO COMO INSPIRACIÓN O EDIFICIO LVIV UCRANIANO FIXEMOS O NOSO PROPIO EDIFICIO PARA RESOLVER O ENCRUCILLADO CON ELEMENTOS DA VIDA E DA OBRA DE CARLOS CASARES
" AS CASIÑAS DA LINGUA" : ESTA ACTIVIDADE FOI REALIZADA POLOS NOSOS XÓVENES ARQUITECTOS COA FIN DE BUSCAR SOLUCIÓNS PARA A MELLORA E O USO DA NOSA LINGUA. CADA CURSO DISCUTÍU E PLANTEXOUSE NOVAS PROPOSTAS DE MELLORA.
16/5/17
RECOMENDACIÓNS LECTORAS
Aquí tendes as recomendacións lectoras do alumnado de primeiro feitas polo día do libro.
28/4/17
OS FANTÁSTICOS LIBROS VOLADORES SR. MORRIS LESSMORE
Canto estamos a disfrutar visualizando este marabilloso curto!!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)