27/12/17
AGASALLA GALEGO
Como xa chega nadal, tempo de compartir e agasallar, dende os departamentos de biblioteca e dinamización lingüística queremos facer as seguintes recomendación para que pasedes un bo momento disfrutando da nosa música e literatura actual. Boas vacacións.
17/12/17
ACTUALIZAMOS O "ANAQUIÑOS DE LECTURA"
No CEIP P. Alexandre Bóveda podemos ler poesía evoluciónando dende o pergamiño Vindel ata a poesía moderna e actual.
SAIDA SCRIPTORIUM DE REDONDELA
@s alumn@s de 5º e 6º de Primaria fixeron unha visita ao scriptorium de Redondela, onde probaron a escribir como os monxes e monxas escribas no medievo.
Unha experiencia moi interesante.
Unha experiencia moi interesante.
30/11/17
FORMACIÓN DE USUARIOS
@s alumn@s de sexto explicáronlle aos de primeiro o funcionamento da biblioteca.
29/11/17
25 DE NOVEMBRO : DIA DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO CONTRA A MULLER
@s alumn@s de 6º de Primaria traballaron, guidados polas súas titoras, a violencia de xénero que se exerce dende a adolescencia a traves das redes sociais. Seguindo diferentes novas e documentos relacionados coa temática nos deixaron información, que tod@s debemos coñecer. Grazas polo voso traballo.
26/11/17
25 DE NOVEMBRO
Ao longo desta semá @s alumn@s do CEIP P. Alexandre Bóveda descubrimos diferentes aspectos da violencia contra as mulleres que existe a nivel social e cultural.
25/11/17
Celebrando o Samain, os Xogos Populares e o Magosto no cole de Angore.
Este curso @s nen@s do Ceip P. Alexandre Bóveda recuperamos a celebración dos Xogos Populares despois de descubrir un montón de curiosidades sobre a nosa festa " O Samain".
Despois de pasalo ben e gozar todos xuntos, degustamos unhas sabrosas castañas que como xa é tradicional no prepararon os membros do ANPA, que sempre colaboran con nós.
Tamén despedimos a uns membros do mesmo, Suso e Rocio, que levan moitisimos anos preparando as castañas para nós. Como despedida agasallamolos coa entrega dun título honorífico por dita colaboración.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)