31/10/18

INAUGURACIÓN DA BIBLIOTECA

SE AVENTURAS MARABILLOSAS QUERES VIVIR…DENTRO DO BURACO DEBERASTE INTRODUCIR! 

Levamos unhas semanas con moitas intrigas no noso cole. Recibimos unha mensaxe da nosa mascota, a Caracola Tola e puxémonos a investigar …




Tras moitas pistas non nos podíamos nin imaxinar a sorpresa que tivemos o día 24 de outubro…A Inauguración da nosa Biblioteca Escolar cun contacontos do libro “Alicia no país das marabillas”. Metímonos nun buraco para escoitar e ver a maxia da historia de Alicia...





 BENVIDOS AO NOVO CURSO 2018/2019!!!

3/6/18

BOLETÍN DA CARACOLA TOLA 2018

No boletín deste curso, presentámosvos algunha da bibliografía empregada no proxecto.

Boletin Biblio by ceipalexandreboveda on Scribd

21/5/18

E.. Chegaron e vivimos os Titeres no Festival Internacional de Títeres de Redondela

Vivencia na que participamos tod@s @s alumn@s ...

CORRENDO POLO GALEGO : SINTO O LATEXO DA LINGUA

O venres 18 de Maio corrimos, todos os coles públicos máis o instituto, a XXII Maratón do Día das Letras Galegas.Unha carreira infantil-xuvenil coa que sempre podemos disfrutar xuntos os nenos e nenas de Chapela.

15/5/18

O DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Este ano, o Día das Letras Galegas está adicado a escritora e académica Mª Victoria Moreno. Esta é a súa biografía. Gozade da súa lectura en familia ...




O MAIO

O Mércores 9 de Maio conmemoramos, en Angorén, a chegada da primavera cantando o maio. Entre propostas, críticas e saudos ... coas que compuxemos as nosas coplas, para depois cántalas para todos, o pasamos moi ben.

3/5/18

LENDO AO SOL

Nestes días tan fermosos que nos acompañaron a semán pasada aproveitamos as sesións de biblioteca para facer "lectura ao sol". Uuummm!!! que ben se estaba.