21/3/19

BURACOS EN FEMININO


Co motivo do día 8 de marzo, Día da Muller Traballadora, fixemos a actividade:

BURACOS EN FEMININO

Cada clase seleccionamos unha muller relevante no seu traballo e na súa vida. Para que perduren no tempo, as metimos nun bote de cristal e gardalas coma se fosen un tesouro. 
Esta é a exposición que fixemos:



As mulleres seleccionadas son:
  • MARIE CURIE (Pioneira no campo da radioactividade, foi a primeira muller en recibir un premio Nobel)  

  • GRETA THUNBERG ( Estudiante e activista sueca, destacada figura dentro das folgas estudiantiles xerando conciencia hacia o quentamento global)

  • MARUJA MALLO ( Pintora surrealista galega)

  • AMELIA EARHART ( Aviadora estadounidense,  célebre polas súas marcas de voo e por tentar a primeira viaxe aérea arredor do mundo sobre a liña ecuatorial)

  • OLIMPIA VALENCIA LÓPEZ ( Primeira galega titulada en Mediciña. Foi especialista en xinecoloxía) 

  • SERENA WILLIAMS ( Tenista estadounidense e medallista olímpica)


  • ANTONIA FERRÍN MOREIRAS ( Matemática e Astrónoma galega)
  • COCO CHANEL ( Deseñadora de alta costura francesa)  
  • FRIDA KAHLO ( Pintora e poetisa mexicana)    
     

15/3/19

NOVIDADES DE MARZO

Xa están aquí as novidades deste mes de marzo. Títulos como: "Un máis", "Polo camiño", "Mortiña", "Sira e o robot", "Bat Pat el metro fantasma", "La niña que hablaba con los árboles", "A horta de Simón", "Cantamos", "Maruxa"....

Ven a ler á Biblio!

14/3/19

RECUNCHO MULLERES

Temos na nosa Biblio un Recuncho adicado as Mulleres.
Seguimos traballando as mulleres representativas de tódolos ámbitos e de tódolos tempos. Temos títulos como:  "Querida Malala", "Pioneiras", "Cuando las niñas vuelan alto", "Las chicas son guerreras", "Marie Curie", "Wangari Maathai"...

Pásate pola Biblio para coñecelas!


13/3/19

VISITA DE ABRAHAM CARREIRO

Hoxe tivemos a sorte de contar co autor e ilustrador 
Abraham Carreiro

Presentounos o seu libro "Xoeliki. Os ordenadores secuestrados. As aventuras dun ciberpirata" da editorial Moito Conto.


Desfrutamos das súas ilustracións ao tempo que contaba as características de cada personaxe do seu libro. Aprendimos as técnicas artísticas para elaborar un personaxe con diferentes emocións: enfadado, contento, malvado... 
O libro foi lido dende as titorías nos cursos 5º e 6º de Primaria dentro do Itinerario Lector.

Foi unha experiencia ciberpirata xenial!





Aquí está o vídeo da visita de Abraham Carreiro:





12/3/19

AGASALLOS ADIVI-PATIO

Hoxe tivemos a entrega de agasallos do 1º concurso Adivi-Patio
Os axudantes de Biblio, Laura e Alonso, entregaron un maracapáxinas a tódolos participantes. Para os gañadores houbo un regalo moi especial: un lápis da nosa Biblio! 

PARABÉNS!


Aquí está a entrega de agasallos!


A Caracola Tola está moi contenta e comezaremos un novo concurso moi pronto. 

Participade!

25/2/19

SONS DE ROSALÍA

             A Caracola Tola convidounos hoxe a pasar un recreo diferente. A Biblioteca trasladouse á entrada do cole. Tivemos unha actividade de recitado de poemas de Rosalía de Castro levada  a cabo polo Equipo de Biblio. Para acompañar tan bonito momento, deleitounos Ángela con música ambiente en directo co seu contrabaixo.



        Despois de escoitar os poemas recitados, tivemos un agasallo moi especial: os poemas en diferentes cores para que queden no noso recordo e pensamento.....coma os sentimentos expresados nos versos da nosa querida Rosalía.








Aquí está o video de SONS DE ROSALÍA:



Mural realizado por tódolos alumn@s do cole: BURACOS NA ALMA.








17/2/19

ROSALÍA DE CASTRO

Xa temos unha selección das mellores obras da nosa querida Rosalía de Castro. Busca o recuncho na Biblio de Caracola Tola e desfruta dunha das mellores autoras da nosa terra.