O pasado venres tivemos a despedida da nosa Biblioteca Caracola Tola. Os axudantes de 5º e 6º de EP recibiron uns fermosos agasallos pola súa colaboración en todo o curso.
Ademais, os gañadores do último concurso de Adivi-Patio e os participantes do Recreo Musical de Buracos tamén recibiron o seu merecido recoñecemento. Unha xornada de lembranzas nas que destacamos todo un curso de aprendizaxe e bos ratos na nosa fragua de libros.
A Caracola Tola despídese e espéravos o vindeiro curso con moitas sorpresas e algún cambio na nosa Biblio...
A pasada semana estivemos traballando a obra de Xabier Docampo. Para rendirlle homenaxe a este autor o fixemos de maneira conxunta os coles de Chapela. Gran autor cunha ampla obra que expusemos no noso expositor das Conmemoracións.
A clase de 4º de EP traballando a obra de Xabier Docampo:
Adapatación musical do conto "De cores e de amores" feita na última clase de música de 2º de E.P. Música composta por Susa Herrera e adaptación da profe Ángela:
Durante o mes de maio estivemos traballando, tanto en Infantil coma nos cursos de 1º a 4º de Primaria, o libro Rosaura e o mar, da autora Isabel Blanco. Un libro sobre os oficios do mar, con historias salgadas nas que Rosaura é mariñeira, percebeira, pescadeira, redeira...Uns versos nos que nos traslada ao mundo do mar e no que aprendimos moito vocabulario e multitud de curiosidades que conta a protagonista.
Cada clase elaborou unha caixa cunha profesión de Rosaura, e a profe Lucía fixo unha lonxa con cangrexos, mexillóns, polbos e sardiñas. Con todo, fixemos un mural enorme no que colaborou "Jara" cos seus aparellos de mariscadora: angazo, raspín, neopreno, as medidas para coller ameixas (fina e xapónica), sacho, escarpines...
O pasado venres tivemos a gran sorte de contar coa visita das dúas protagonistas desta historia do mar: a escritora Isabel Blanco e Jara que achegounos a súa amada profesión de mariscadora. Foron dúas sesións para 1º, 2º 3º e 4º de Primaria nas que aprendimos, entre outras cousas, con Jara: os utensilios necesarios para poder mariscar e o seu uso (cinto, sacho, raspín, cesto, angazo, tinón...), os tipos de cunchas das ameixas, as medidas para collelas, a limpeza de algas que fan as mariscadoras para que as ameixas"respiren" e crezan, as festas gastronómicas...Un traballo de auténticas guerreiras!
Isabel contounos cómo comezou a escribir para nenos, as Rosauras que hai : "Rosaura cociñeira", "Rosaura e o mar" e "Rosaura cesteira de Mondariz". Os rapaces queren máis Rosauras e teñen moitas ideas: Rosaura..científica, gandeira, a través do tempo, deportista, xardineira, escritora, aventureira....
Grazas Isabel e Jara por compartir a vosa paixón e vosas profesións! Esperámosvos na biblio da Caracola Tola.
Xa estamos rematando o curso e queremos saber a vosa opinión sobre a nosa Biblioteca. Queremos mellorar e facer da Biblioteca Caracola Tola un lugar de unión e convivencia de toda a Comunidade Educativa.
Lembrade que o prazo remata o venres 31 de maio.
Precimos da vosa axuda completando a seguinte enquisa para as FAMILIAS:
É moi importante a opinión do alumnado, e Caracola Tola tamén ten unha enquisa para vós. A faredes na clase cos profes.
Completade a seguinte enquisa para os ALUMN@S:
O pasado venres o alumnado de Infantil e 1º de Educación Primaria desfrutaron dun contacontos realizado por Celtia Figueiras.
A actividade estivo baseada no Audiolibro"Cantamos?" do que Celtia é autora dos textos e forma parte das voces dos audiocontos que contén esta fantástica obra.
Tratouse dun espectáculo de monicreques onde Rosi, que é unha gran fan da música e dos contos, participa nunha morea de historias que encantaron ao público do noso cole: "Os tres porquiños e o lobo que os quería comer", "O marqués de Carabás un gato con botas sen igual"...
Grazas ao Consorcio editorial Galego por esta actividade!!!
A Caracola Tola encántalle a música e por iso fixemos un concerto no recreo a semana pasada. Desfrutamos de música en directo deleitándonos da música popular e facendo da nosa Biblioteca unha gran festa.
A profe Merce tocou a gaita e dirixíu ao grupo: Nicolás co pandeiro cuadrado, Marta e África coa pandeireta, Xiana, Adriana e Annia tocaron as cunchas, Sheila o pandeiro e Sara o pandeiro a modo de bombo. Estiveron ensaiando nos recreos as cancións "Danza de Ribadavia" e "Muñeira de Chao". Debido ao éxito polo ben que o fixeron, improvisaron dúas cancións máis: "Foliada de Amoeiro" e "Festa na Eira".
A continuación deleitonuos ao piano Lía. Tocou de marabilla e recibíu un forte aplauso e alabanzas do entregado público.