29/10/19

BENVIDA: DÍA DAS BIBLIOTECAS!


Boas lectoras e lectores!

Xa estamos nun novo curso escolar e, como xa sabedes, o noso proxecto trata un tema tan fermoso e interesante como é  O MAR

Con tanta inspiración mariña a nosa Caracola Tola decidiu reformar completamente a biblioteca e, por iso de momento, non está funcionando con normalidade... tranquil@s, veredes como a espera ben merecerá a pena. 

Pese a isto, a Caracola Tola non deixa de traballar e segue propoñendo actividades que fomenten a lectura ás nenas e nenos deste colexio.

Así o pasado  24 de outubro, polo "Día das bibliotecas" a Caracola Tola púxose en contacto con cada clase enviándolles unha mensaxe nunha botella, un agasallo para cada biblioteca de aula e (como non) a tradicional mochila viaxeira... todo moi mariño! como podedes apreciar nas seguintes fotos:

Saúdos con recendo do mar da vosa Caracola!!

19/6/19

AGASALLOS E DESPEDIDA

O pasado venres tivemos a despedida da nosa Biblioteca Caracola Tola. Os axudantes de 5º e 6º de EP recibiron uns fermosos agasallos pola súa colaboración en todo o curso.



Ademais, os gañadores do último concurso de Adivi-Patio e os participantes do Recreo Musical de Buracos tamén recibiron o seu merecido recoñecemento. Unha xornada de lembranzas nas que destacamos todo un curso de aprendizaxe e bos ratos na nosa fragua de libros.

A Caracola Tola despídese  e espéravos o vindeiro curso con moitas sorpresas e algún cambio na nosa Biblio...

Que pasará?????



17/6/19

XABIER DOCAMPO

A pasada semana estivemos traballando a obra de Xabier Docampo. Para rendirlle homenaxe a este autor o fixemos de maneira conxunta os coles de Chapela. Gran autor cunha ampla obra que expusemos no noso expositor das Conmemoracións. 



A clase de 4º de EP traballando a obra de Xabier Docampo:


Adapatación musical do conto "De cores e de amores" feita na última clase de música de 2º de E.P. Música composta por Susa Herrera e adaptación da profe Ángela:




12/6/19

NOVIDADES XUÑO

Xa levan 12 días as Novidades de Xuño na nosa Biblioteca!Aínda tes uns días máis para velas!
Pásate pola Biblio de Caracola Tola!!


2/6/19

ROSAURA E O MAR

Durante o mes de maio estivemos traballando, tanto en Infantil coma nos cursos de 1º a 4º de Primaria, o libro Rosaura e o mar, da autora Isabel Blanco. Un libro sobre os oficios do mar, con historias salgadas nas que Rosaura é mariñeira, percebeira, pescadeira, redeira...Uns versos nos que nos traslada ao mundo do mar e no que aprendimos moito vocabulario e multitud de curiosidades que conta a protagonista. 

Cada clase elaborou unha caixa cunha profesión de Rosaura, e a profe Lucía fixo unha lonxa con cangrexos, mexillóns, polbos e sardiñas. Con todo,  fixemos un mural enorme no que colaborou "Jara" cos seus aparellos de mariscadora: angazo, raspín, neopreno, as medidas para coller ameixas (fina e xapónica), sacho, escarpines...  

O pasado venres tivemos a gran sorte de contar coa visita das dúas protagonistas desta historia do mar: a escritora Isabel Blanco e Jara que achegounos a súa amada profesión de mariscadora. Foron dúas sesións para 1º, 2º 3º e 4º de Primaria nas que aprendimos, entre outras cousas, con Jara: os utensilios necesarios para poder mariscar e o seu uso (cinto, sacho, raspín, cesto, angazo, tinón...), os tipos de cunchas das ameixas, as medidas para collelas, a limpeza de algas que fan as mariscadoras para que as ameixas"respiren" e crezan, as festas gastronómicas...Un traballo de auténticas guerreiras!

Isabel contounos cómo comezou a escribir para nenos, as Rosauras que hai : "Rosaura cociñeira", "Rosaura e o mar" e "Rosaura cesteira de Mondariz". Os rapaces queren máis Rosauras e teñen moitas ideas: Rosaura..científica, gandeira, a través do tempo, deportista, xardineira, escritora, aventureira....

Grazas Isabel e Jara por compartir a vosa paixón e vosas profesións! Esperámosvos na biblio da Caracola Tola. 
Bicos de sal!


Aquí está o vídeo de ROSAURA E O MAR:



23/5/19

ENQUISAS BIBLIOTECA

Xa estamos rematando o curso e queremos saber a vosa opinión sobre a nosa Biblioteca. Queremos mellorar e facer da Biblioteca Caracola Tola un lugar de unión e convivencia de toda a Comunidade Educativa.

Lembrade que o prazo remata o venres 31 de maio.
Precimos da vosa axuda completando a seguinte enquisa para as FAMILIAS:




É moi importante a opinión do alumnado,  e Caracola Tola tamén ten unha enquisa para vós. A faredes na clase cos profes.
Completade a seguinte enquisa para os ALUMN@S:





Moitas grazas a tod@s!!


14/5/19

CONTACONTOS DE CELTIA FIGUEIRAS

O pasado venres o alumnado de Infantil e 1º de Educación Primaria desfrutaron dun contacontos realizado por Celtia Figueiras. 
A actividade estivo baseada no Audiolibro "Cantamos?" do que Celtia é autora dos textos e forma parte das voces dos audiocontos que contén esta fantástica obra.
Tratouse dun espectáculo de monicreques onde Rosi, que é unha gran fan da música e dos contos, participa nunha morea de historias que encantaron ao público do noso cole: "Os tres porquiños e o lobo que os quería comer", "O marqués de Carabás un gato con botas sen igual"...

Grazas ao Consorcio editorial Galego por esta actividade!!!





VÍDEO DO CONTACONTOS DE CELTIA FIGUEIRAS!