4/6/24

Coñecendo mulleres: Luisa Villalta, Ernestina Otero...

Bos días!

Este curso "Polo correo do vento" visitáronnos varias veces para falarnos (e debuxarnos) mulleres importantes no centro, tal e como pedía o noso proxecto "Semente de igualdade":








3/6/24

Maratón das letras galegas


Bos días!

Como todos os anos os centros públicos de Chapela reunímonos para celebrar a deporte e lingua, xa que participamos nunha nova edición do maratón das letras galegas.
Este día convivimos co CEIP Igrexa, CEIP Laredo e IES de Chapela para gozar todos xuntos dunha carreira, este adicada a Luisa Villalta. 
Tanto alumnado como profesorado e familias pasámolo moi ben e agradecemos ao IES Chapela ter inventado unha iniciativa tan fermosa. 
Aquí unhas imaxes

26/5/24

Enquisas de avaliación

 Ola!

Chega o momento de ir pechando cousiñas e avaliar o feito para poder mellorar o curso que ven... moitas grazas por darnos a túa opinión!

  • Enquisa alumnado: 

https://abalarbox.edu.xunta.gal/index.php/apps/forms/JLT2cc7xwrSyHcGg


  • Enquisa familias:

https://abalarbox.edu.xunta.gal/index.php/apps/forms/MfQPMoXH472BFmzC


  • Enquisa profesorado: 

https://abalarbox.edu.xunta.gal/index.php/apps/forms/c7DoYNrYgiRSn49G



23/5/24

A xanela do Maxin

Moi boas!

A semana pasada estivo no cole "A xanela do Maxín" para ofrecernos unha obra de teatro sobre o acoso escolar e a violencia. 
O espectáculo integrraba todo tipo de recursos teatrais e contou coa axuda dos nosos axudantes da biblio que actuaron tamén no espectáculo. 
Todo o alumnado do centro gozou desta actividade así que moitas grazas ao Consorcio Editorial Galego por agasallarnos con ela.

Para despedirnos deixamos algunhas fotiños: 


 

22/5/24

Obradoiro de baile galego

Saúdos!

Dende "Biblioteca creativa" pedímoslle ás familias a súa participación, amosándonos habilidades como: costura, barro, ganchillo, cociña, lettering, arte,...

Polo que unha das actividades brindadas por Verónica,  nai de Sabela de 3 anos foi: Baile Galego!. O alumnado de Infantil e as profes aprendimos algún paso, e gozamos bailando todos xuntos así que... moitas grazas!


20/5/24

obradoiro sensorial con APAMP

Durante un tempo teremos no colexio unha aula cunha instalación artística ofertada por APAMP (Asociación de familias de persoas con Parálise Cerebral) en  colaboración co Equipo de Biblioteca, pola que pasarán todos os cursos. 

Esta instalación invita a cativada ao xogo, á exploración libre, a creatividade, a imaxinación, a manipulación, a observación e (sobre todo) á diversión!

Festival Internacional de Títeres de Redondela

Ola!

Coma todos os cursos o alumnado do CEIPP Alexandre Bóveda participamos no "Festival Internacional de títeres de Redondela", acudindo tanto ao Multiusos Piñeiral do Crego (en Chapela) como o Multiusos A Xunqueira (en Redondela) e foi unha experiencia moi satisfactoria!

*"Colgando dun fío" por Di Fillipo Marionetas


*"Variatés do animalario" por Paporrubio:



Encántanos que o noso Concello organice un festival tan chulo e esperamos poder seguir participando moito tempo!