30/10/24

Contacontos polo Samaín

O alumnado voluntario da nosa biblioteca (alumnado de 5º e 6º) compartiu lecturas terroríficas co alumnado de infantil, 1º e 2º. Creo que todos hoxe o pasaron xenial.

Grazas voluntarios da biblio, esperamos que nos sigades agasallando con este tipo de actividades durante todo o curso.

Por aquí as imaxes do día.





 E así de terrorífico lucía o noso alumnado:






28/10/24

Samaín na biblio

No cole de Angorén xa cheira a Samaín... A zona anexa a nosa biblio parece un auténtico salón do terror. Esperemos que ningún neno pase medo.

Aí tedes a nosa recomendación de lecturas de Samaín, non volas perdades, xa que un ratiño de lectura sempre é beneficioso para todos. 

Deixovos as fotos para que poidades comprobalo por vos mesmos. 









24/10/24

Inauguración da biblioteca

Comeza un novo curso, e outro ano máis ponse en marcha a biblioteca. Hoxe, 24 de outubro e coincidindo coa celebración do día das “Bibliotecas Escolares” damos por inaugurada un ano máis a nosa biblioteca.

Mais non ía ser tan doado, para iso, todo o alumnado do centro, organizados en grupos multiniveis, tiveron que facer un xincana e superar diferentes probas, e non eran probas sinxelas eh. Pero unha vez máis, o alumnado, dando mostra do compañeirismo, participando todos en equipo e grazas as súas dotes para resolver problemas, TODOS conseguiron chegar ao destino: A NOSA BIBLIOTECA.

Alí, fíxose entrega das mochilas viaxeiras. 

Así que agora sí, BENVIDOS A BIBLIOTECA DO CEIPP ALEXANDRE BÓVEDA.

Deixámosvos unhas fotos do día de hoxe.




















21/10/24

Comezaron as "Lecturas cercanas"

 Olaaa!

Por fin deron comezo os Clubs de lectura, estos son unha das novidades deste curso e funcionarán por niveis lectores:

  • Grupo nivel 1: 1°- 3° EP
  • Grupo nivel 2: 4°- 6° EP
  • Grupo nivel 3: 6°EP+ adultos (familias ou profes)

Cada un deles será levado por varias mestras e vos iremos propoñendo diferentes lecturas e momentos para reunirnos... 

Nesta volta comezou o nivel 2 pero xa estamos preparando os outros dous grupos así que estade atentos a nosa convocatoria!


9/6/24

Formación radio con Ponte nas Ondas

 Moi boas!

O xoves o alumnado de 5º de primaria realizaron un obradoiro de radio dentro do programa "radio na biblio".

Foi moi interesante e pasárono maravillosamente!




E tras toda unha mañá de traballo, aquí tedes o resultado cun programa especial de "Radio Beretiño ":

Saúdos!

6/6/24

Acto Alexandre boveda

E seguimos de festa!

Hai uns días celebramos ó 122 cumpreaños de Alexandre Bóveda,  importante personalidade á que lle adicamos o nome do centro.
Foi un cumpreanos en toda regla coa compañía da súa  familia (a súa filla Amalia e o seu neto), agasallos, autoridades, merenda e torta.
Ademáis o Concello de Redondela contribuíu ayudándonos a publicar un libro sobre el e facendo unha serie de actos ao redor desta figura.

Aquí tedes un pequeno resumo! Deica logo! 

 

4/6/24

Biblio creativa: seguintes obradoiros!

Olaaa!

 Continuando coa experimentación creativa (dentro do programa bibliotecas creativas) na nosa biblioteca o alumnado aprendeu a:

- Ganchillo: Educación Primaria coa profe Elisa. 

- Flores de caixas de ovo: Educación Infantil e Primaria coa profe Sara.






Seguimos creando! Moitas grazas ao alumnado e profes voluntarios!