17/2/11

2ª sesión do Clube de lectura de 6º

Onte volvimos a reunirnos para falar de " A pantasma de Canterville" de Oscar Wilde.
Acordamos seguir buscando un nome xa que non houbo empate entre dúas opcións e decidiuse pensalo un chisco máis.
Comentouse a diferencia cultural entre os ingleses e os americanos, a importancia da mancha da biblioteca e da biblioteca mesma, das diferentes personalidades dos personaxes , do sentido do humor do texto e algúns integrantes apuntaron tame´n que non cambiamos moito cando despois de 200 anos hai homes que continúan a asasinar ás súas mulleres.
Logo comentamos as pasaxes que máis nos gustaron deste capítulo e quedamos de ler o 2º para dentro de quince días.

1 comentario:

  1. Hola a todo o mundo eu son du clube de lectura gustáme moito lese,apréndense cousas... ¡ E MOY DIVERTIDO ! E, aparte apre´ndese a ler.
    Os vou a dar un adelanto exclusivo eu son a nena da camiseta vermella e pelo negro, ¿A que son guapa? (je,je,je). En fin que o clube de lectura necesita un nome e eu xa teño un...
    Un bico moooi grande a Laura a profesora, que sacou a foto ja,ja,ja...
    Alba 5º

    ResponderEliminar