1/4/11

POR FIN!!






















Despois de tanto esperar, vimos cumprida a nosa ilusión de ter connosco a X. A. Neira Cruz; contounos de Violeta, de Mo, da súa inspiración, da lectura e o tempo fíxose curtísimo. Quedaron tantas preguntas por facer...

Grazas Xosé A. Neira Cruz pola túa xenerosidadeao compartir con nós este tempo que lembraremos cun sorriso e moita dozura.



18 comentarios:

  1. Moitísimas grazas a vós por todo o que traballastes sobre os meus libros, polas emocións compartidas, polo millón e medio de preguntas interesantes, pola alegría e por ler tanto e tan ben.
    Até a próxima (espero que pronto), recibide moitos bicos e apertas.
    Xosé A. Neira Cruz

    ResponderEliminar
  2. Foi unha boa experiencia, e gustaríame repetila. Fixemos preguntas interesantes, pero interesoume saber que é moi cansado ser escritor. Gustaríame ter máis tempo, para poder facer máis preguntas ensinarlle os nosos traballos.


    David S.

    ResponderEliminar
  3. Gustoume moito a entrevista que lle fixemos , a pregunta que mais me gustou foi: que querias ser cando eras pequeno?Él respondeu que queria ser panadeiro ,aínda que agora sexa escritor aun pode conseguilo. Fíxome gracia cando dixo que durmía cun block de notas.Foi moi divertido.Pero gustariame que nos dera tempo a preguntarlle moitas mais preguntas.

    ResponderEliminar
  4. Aínda que foi un pouco curta a visita cos alumnos de sexto e quinto,estívo moi ben porque contounos de todo un pouco.
    A pregunta que máis me gustou foi: Que querías ser de maior cando eras pequeno? E el respondeu que quería ser panadeiro en vez de escritor.
    A parte de estar con el ese ratiño gustariame que el nos lera un conto escrito por el,porque el díxonos que a súas avoas eran unhas grandes contadoras de contos.
    En fin...estívo moi ben.

    Laura 6º

    ResponderEliminar
  5. A visita de Xose Antonio Neira Cruz foi moi educativa e didáctica.Case todos os que lle preguntaron obteron resposta,e os que non poideron sabemos que el o sente moito. Gustaríanos preguntarlle moitas máis cousas pero xa non podemos.

    Andrés e David

    ResponderEliminar
  6. Me gustou moito a visita de Neira Cruz, el é un home moi ocupado e fixo un hoco pra poder vir aqui a contestar algunhas preguntas. Nos fixeron moita graza as respostas dalgunhas preguntas que fixemos, é un home moi culto, gracioso e amable... Os seus contos son moi bos e as suas bibliografías tamén.
    Me gustaría que escribira máis contos de nenos e nenas. Se estivera máis tempo con el me gustaría que poidesemos axudarlle cun novo libro sobre o noso colexio.

    ResponderEliminar
  7. O día que viño Neira Cruz foi moi especial por que a un escritor tan bo e tan famoso non se lles ve todos os días.
    Foi interesante porque averiguamos moitas cousas interesantes sobre a súa vida como que quería ser panadeiro, etc. E Neira Cruz foi moi amable porque tivo unha entrevista a soas con un compañeiro e tamén firmounos uns libros.


    Saray D.S

    ResponderEliminar
  8. O día que viu Xosé Antonio Neira Cruz, gustoume moito porque enseñounos moitas cousas da súa vida e outras cousas,como se fose fácil ser escritor e moitas cousas máis.
    Pero penso que faltounos tempo para preguntarlle outras cousas.

    ResponderEliminar
  9. A visita do escritor Xose Antonio Neira Cruz estivo moi ben respecto as cousas que nos contou sobre a súa vida de escritor.
    Fixémoslle moitísimas preguntas da súa infancia e a súa familia.
    Gustaríame que viñera unha avoa súa a contarnos un conto feito por Xose Antonio Neira Cruz.


    Tati 6º

    ResponderEliminar
  10. A visita do escritor fixome ilusion xa que me apetecia moito facerlle unha entrevista ,paseino moi ben xa que as preguntas eran moi interesantes , deume moita pena que só poideramos estar con el ese tempo tan curto , gustariame haberlle ensinado os traballos que fixemos os de 6ª e 5ª encantaríame volver a traballar sobre él.

    ResponderEliminar
  11. MOLA EL BLOG SE QUE MOLA

    ResponderEliminar
  12. Pareceume moi interesante cando Xose Atonio Neira Cruz estivo explicándonos a súa vida de pequeno,gustaríame que fixeramos actividades como:escribir un conto,facer actividades e que nos dixera como empezar a escribir un libro.

    ResponderEliminar
  13. A visita de Xose Antonio Neira Cruz estivo moi interesante e gustoume moito,pero como é un escritor moi famoso,gustaríame saber un pouco máis del e da súa vida.

    Tania 6º

    ResponderEliminar
  14. Paréceme unha sorpresa qu5e viñera Xosé Antonio Neira Cruz e que nos firmara os nosos libros.Tamén nos respondeu as nosas preguntas pero non tod@s pudimos preguntarlle.Eu creo que podemos escribir aquí preguntas que non lle pudimos facer e que el entre e nos responda.

    ResponderEliminar
  15. A min gustoume moito que Xosé Neira Cruz viñera ao noso cole. Nos deixou facerlle preguntas sobre a súa vida. Por exemplo, nos dixo que sempre durmía cun block de notas e un lapis ao seu lado. Eu penso que necesitaríamos máis tempo para facerlle máis preguntas.

    ResponderEliminar
  16. Neira Cruz é un home moi interesante polos seus libros... Pero tamén moi culto. Nos gustaria que estivese máís tempo pra que poidésemos preguntale máís cousas,e poidera inspirarse no noso colexio pra un libro.

    ResponderEliminar
  17. Xosé Antonio Neira Cruz dixo sobre el unhas cousas moi curiosas que eu apuntei:

    -De pequeno, quería ser panadeiro.

    -Agora dedícase a ser mestre nunha universidade.

    -Non quere cociñar, quere comer!.

    -Está contento e afortunado dos libros que sacou.

    -Elixiu un cadro que lle parecía que había algo. (Un misterio), por eso escribíu "Xan estivo ali".

    -Moitos libros axudáronlle a inspirarse nos seus libros.

    -Gústalle escribir debaixo do teito.

    -Nunca pensou ser profesor pero gustáballe o xornalismo e empezou a estudar.

    -Non para ata acabar un libro!.

    -Suas avóas ``contaxiáronlle´´ a paixón polos libros.

    -A súa familia non lle importaba o que fixera, solo lles importaba que fora feliz e boa persoa.

    -Non ten irmáns, pero para el son os seus dous mellores amigos.

    -O seu primeiro libro que sacou e escribiu foi a os 19 anos.

    Pablo
    Taboada
    Cons

    ResponderEliminar
  18. Hola, a min gustoume moito a visita de Xose Antonio Neira Cruz.O que pasa é que era moooi lento contestando ás preguntas, pero al fin e al cabo encantoume, moitos bicos para todos e todas.

    ResponderEliminar