O 1 de outubro celébrase en Madrid os V ENCONTROS DE BIBLIOTECAS E MUNICIPIOS, organizado polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte.
A experiencia de traballo en equipo das Bibliotecas Escolares e Públicas de Redondela foi aceptada para expoñela nese congreso e alá estaremos : unha representante do Concello, una das bibliotecas escolares (Laura Goldar) e dúas das bibliotecas públicas (Mª Xosé e Helena).
Esperemos que a nosa experiencia teña alguna utilidade para os asistentes e nós tamén pensamos aprender moito.
Recolleremos material gráfico para subir aquí.
Deixamos enlace do programa dos encontros:http://www.mecd.gob.es/v-encuentro-bibliotecas-municipio/programa.html
No hay comentarios:
Publicar un comentario