18/11/13

DORIS LESSING

Coa morte de Doris Lessind vaise tamén una mente lúcida e combativa. Aquel "caderno dourado" que tanto nos inspirou e nos fixo reflexionar sobre a nosa condición de mulleres, de estar e de vivir no mundo, queda para sempre prendido na nosa memoria e na educación literaria. Preocupada pola educación e polo mundo da lectura en todos os aspectos sociais e en todos os niveis para mellorar as inxustizas e combater a corrupción dos gobernos, é hoxe un exemplo de responsabilidade e compromiso como escritora.

No hay comentarios:

Publicar un comentario