9/12/13

Unha lembranza para MANDELA

Non imos engadir máis ao que xa está dito todos estes días arredor de Nelson Mandela. Nós traballaremos o poema de Marcos Ana "VIDA" con música de A QUENLLA na que se fala dos sentimentos deste poeta que tamén, como MANDELA pasou tantos anos no cárcere.
VIDA
 
Contaime como é un carballo,
como é o cantar dun río
cando se enche de paxaros.
 
Falaime do mar. Falaime
dos arrecendos do campo.
E das estrelas. Do aire.
 
Recitaime un horizonte
libre de pechos e chaves
como a casupa dun pobre.
 
Decime como é o alento
dunha muller. Daime o nome
do amor : xa non me lembro.
 
¿Aínda as noites se perfuman
de namorados tremendo
de paixón baixo da lúa?
 
¿Ou non hai máis ca esta foxa,
a luz dunha sepultura
e a canción das miñas lousas?
 
Vintedous anos...Xa esquezo
ata a dimensión das cousas,
o color, o cheiro...Escribo
 
a cegas: “ o mar”, “ o campo”...
digo “fraga” e non percibo
a xeometría dun carballo.
 
Falo por falar de asuntos
que me borraron os anos.
( Non podo seguir: escoito
os pasos do funcionario)
 
Letra: Marcos Ana
Música : Xosé Luis Rivas Cruz.
A Quenlla. A solaina da memoria.

No hay comentarios:

Publicar un comentario