MAÑÁN, 15 DE MAIO, CELEBRAREMOS A MARATÓN DAS LETRAS GALEGAS ENTRE TODOS OS CENTROS PÚBLICOS DE CHAPELA.
O ENCONTRO SERÁ NO PASEO CARDOMA, A CARÓN DO MAR E ESPERAMOS GOZAR DO ESPÍRITU DE CONVIVENCIA E FESTEXAR A NOSA MANEIRA O DÍA DAS LETRAS GALEGAS.
ESTE ANO, O ALUMNADO DE PRIMARIA LEVARÁ VERSOS DE DIFERENTES POETAS NAS SÚAS CAMISETAS E TERÁN QUE FACER A COMPOSICIÓN NA CHEGADA Á META.
A BUSCA DE POEMAS FOI A ACHEGA QUE SE FIXO POR PARTE DA BIBLIOTECA.
ASÍ TEMOS DIFERENTES EQUIPOS COLABORATIVOS COMO: ROSALÍA, CURROS, PONDAL, NOVONEYRA, GRAÑA, PIMENTEL, GLORIA SÁNCHEZ,... E MOITOS MÁIS.
DESTE XEITO TENTAMOS DAR A COÑECER A RIQUEZA DA NOSA LINGUA E O VALOR CULTURAL DAS NOSAS LETRAS.
O GALEGO, PUNTO DE ENCONTRO.
No hay comentarios:
Publicar un comentario