26/3/19

ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO

Onte tivemos a visita do autor Antonio García Teijeiro

Deleitounos cos seus poemas e historias dos libros "Honorato, o rato namorado" e "Poemar o mar". Libros traballados nas aulas de 2º e 4º de Educación Primaria, respectivamente, no Itinerario Lector. Antonio foi premiado recentemente co "Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil" por "Poemar o mar".




Foi un verdadeiro luxo poder contar con él, desfrutar das súas rimas, palabras e experiencia. Contounos como se lle ocorreu o personaxe de Honorato, o seu primeiro contacto coa poesía, a súa paixón polo mar, o seu gusto pola música...Foi unha grata visita na que os rapaces poemaron con él e contaxiáronse dos versos, así, entre todos,  compartindo poesía.



Para recibilo, os alumn@s de 4º recitaron un poema acompañados por Roi, alumno de 5º, tocando o violonchelo, actividade preparada por Ángela. Os alum@s de 2º continuaron recitando un poema de Honorato. Para rematar, fixemos unha fotografía de grupo, e os rapaces de 4º ensináronlle un mural adicado á Serea poeta, do libro "Poemar o mar".


Esperámoste, Antonio, seguiremos poemando e mergullándonos na nosa fraga de libros de "Caracola Tola". Continuaremos polo tanto, navegando o ronsel dos nosos soños.
Parabéns e ata pronto!



Este é o vídeo duns anacos desta marabillosa visita: 



No hay comentarios:

Publicar un comentario