O martes tivemos unha visita moi especial, a gran escritora de literatura infantil
Gloria Sánchez.
Mestra xubilada, comezou a escribir poesía para logo pasar ao teatro e a narrativa.
Os alumn@s de 3º de Educación Primara leron o seu libro "Sí, poesía" no Itinerario Lector.
Recibiron a Gloria cun poema cantado acompañado de música en directo coas pandeiretas, actividade preparada por Ángela. Á autora gustoulle moito e desfrutamos todos desta marabillosa actuación.
Gloria contounos anaquiños da súa vida: cómo era de nena, a escola onde acudía, (que estaba dentro da horta da súa propia casa), cómo comezou a escribir, o seu gusto pola sonoridade das palabras e a súa experiencia con nenos como mestra de Logopedia.
Recitaron poemas os nen@s, recitounos Gloria, leron historias inventadas por eles, e desfrutamos xuntos da maxia das palabras.
Gracias, Gloria, por compartir o teu tempo e experiencia con nós.
Esperásmoste na Biblio de Caracola Tola!
VÍDEO DA VISITA DE GLORIA SÁNCHEZ:
No hay comentarios:
Publicar un comentario