Durante o mes de maio estivemos traballando, tanto en Infantil coma nos cursos de 1º a 4º de Primaria, o libro Rosaura e o mar, da autora Isabel Blanco. Un libro sobre os oficios do mar, con historias salgadas nas que Rosaura é mariñeira, percebeira, pescadeira, redeira...Uns versos nos que nos traslada ao mundo do mar e no que aprendimos moito vocabulario e multitud de curiosidades que conta a protagonista.
Cada clase elaborou unha caixa cunha profesión de Rosaura, e a profe Lucía fixo unha lonxa con cangrexos, mexillóns, polbos e sardiñas. Con todo, fixemos un mural enorme no que colaborou "Jara" cos seus aparellos de mariscadora: angazo, raspín, neopreno, as medidas para coller ameixas (fina e xapónica), sacho, escarpines...
O pasado venres tivemos a gran sorte de contar coa visita das dúas protagonistas desta historia do mar: a escritora Isabel Blanco e Jara que achegounos a súa amada profesión de mariscadora. Foron dúas sesións para 1º, 2º 3º e 4º de Primaria nas que aprendimos, entre outras cousas, con Jara: os utensilios necesarios para poder mariscar e o seu uso (cinto, sacho, raspín, cesto, angazo, tinón...), os tipos de cunchas das ameixas, as medidas para collelas, a limpeza de algas que fan as mariscadoras para que as ameixas"respiren" e crezan, as festas gastronómicas...Un traballo de auténticas guerreiras!
Isabel contounos cómo comezou a escribir para nenos, as Rosauras que hai : "Rosaura cociñeira", "Rosaura e o mar" e "Rosaura cesteira de Mondariz". Os rapaces queren máis Rosauras e teñen moitas ideas: Rosaura..científica, gandeira, a través do tempo, deportista, xardineira, escritora, aventureira....
Grazas Isabel e Jara por compartir a vosa paixón e vosas profesións! Esperámosvos na biblio da Caracola Tola.
Bicos de sal!
Aquí está o vídeo de ROSAURA E O MAR:
No hay comentarios:
Publicar un comentario