Hoxe é un día moi importante no que celebramos ás princesas valentes que son capaces de dicir que non. E moitas veces esas princesas capaces de dicir que non e que xa basta pagan un prezo moi alto pola súa valentía.
O libro que imos ver titulase "A princesa Non". E o seu autor é Martín Badía.24/11/20
A importancia de saber decir que non e que xa basta
23/11/20
Mais mulleres valentes
Hoxe dedicámoslle un momento a outro grupo de mulleres valentes, nesta ocasión todas elas son mulleres galegas que abriron novos camiños.
O libro titúlase "Pioneiras, galegas que abriron camiños", é da editorial Xerais, escribiuno Anair Rodríguez e as ilustracións son Nuria Díaz. Tamén o podes atopar no Recuncho de Igualdade da biblioteca do cole.
Este libro empeza contándonos a historia de Exeria, que foi a primeira muller escritora, da que sabemos, de toda a Hispania romana. Fai xa case 2000 anos, cando Galicia chamábase Gallaecia.
Tamén nos fala de Marcela e Elisa, que foron dúas mulleres que romperon barreiras de xénero e casaron cando ninguén pensaba que dúas mulleres puideran casar e por esta razón tiveron que enfrontarse a ser perseguidas.
Así ata 12 mulleres que romperon barreiras e abriron novas oportunidades para as seguintes xeracións. Non te perdas este libro!
22/11/20
O Recuncho de Igualdade
Esta é unha semana importante. Celebramos o Día Internacional contra a violencia de xénero. Déixame que sexa máis específica: calquera violencia contra calquera xénero. Este día axúdanos a reflexionar no valor individual das persoas. No seu dereito para escoller e a ser elas mesmas.
Na nosa biblioteca atoparás unha sección moi importante: O recuncho de igualdade. Aí están os libros que nos falan de identidade, dereitos humanos e igualdade.24/10/20
Celebramos o 24 de outubro con un libro na man
Hoxe, día 24 de outubro do 2020, queremos felicitarvos a todos o Día Internacional das Bibliotecas. Un día perfecto para coll
er un libro e ler. Un conto que abra as portas a un mundo fantástico e de ficción, ou un libro informativo que abra as portas a un mundo fantástico e que te rodea.
Chove e vai un vento ben grande. Nos, dende aquí, queremos compartir con vos as bibliotecas que están nas nosas aulas. Porque estar... estamos con máscara, fiestras abertas e abrigo na clase, pero o que non deixamos de facer é ler.
22/10/20
Día Internacional das Bibliotecas
Ola!
Que verán máis emocionante!
Eu paseino metida na auga da praia todo o día. Estiven a ver todas os vosos
debuxos e propostas para a miña nova cuncha
Aquí vos deixo o
E despois de ver
o vídeo podedes facer unha última proposta como grupo de clase.
Unha aperta!
18/6/20
A mar de contos para este verán: Recomendacións lectoras de ficción
A Biblioteca Caracola e todo o equipo de mestres e mestras do CEIP Alexandre Bóveda deséxanche un verán cheo de historias e cousas boas!