Esta é unha semana importante. Celebramos o Día Internacional contra a violencia de xénero. Déixame que sexa máis específica: calquera violencia contra calquera xénero. Este día axúdanos a reflexionar no valor individual das persoas. No seu dereito para escoller e a ser elas mesmas.
Na nosa biblioteca atoparás unha sección moi importante: O recuncho de igualdade. Aí están os libros que nos falan de identidade, dereitos humanos e igualdade.Hoxe imos falar dun deses libros.
"Las chicas van donde quieren" cóntanos a historia de 25 aventureiras que cambiaron o mundo. Empeza en 1740 con Jane Baret, que foi a primeira muller que dió a volta ao mundo, e termina en 1989 con Cassie DePecol, que foi a primeira muller en visitar todos os países do mundo.
No libro atoparemos mulleres pirata, mulleres periodistas, mulleres científicas, mulleres artistas, mulleres feministas, mulleres deportistas... Todas elas mulleres valentes que tiveron un soño e foron a por ese soño.
E ti? Cal é o teu soño?
No hay comentarios:
Publicar un comentario