Imaxinade que un ciclón vos fixera saír voando coa vosa casa e, de súpeto, aparecésedes nun lugar descoñecido! Pois iso mesmo foi o que lle aconteceu a unha nena chamada Dorothy e a o seu can Totó cando estaban no seu fogar onde vivián coa tía Emma e o tío Henry.
Durante a aterraxe no país dos Munckins, aplastan á malvada bruxa do Leste e en sinal de agradecemento Dorothy recibe agasallos e unha recomendación por parte da bruxa Boa: Se precisa axuda para volver a casa, deberá ir a cidade Esmeralda na procura do mago de Oz, el saberá que facer.
Deste xeito é como Dorothy emprende unha longa viaxe en busca do mago. Durante o traxecto atopará tres entrañables personaxes cos que conseguirá unha fermosa amizade: O espantallo, o leñador de folladelata e o león covarde, quen tamén precisan a axuda do mago para solventar os seus problemas.
Xuntos vivirán extraordinarias aventuras, afrontarán dificultades pero finalmente a nena conseguirá volver a súa casa en Kansas, tras unha despedida dos seus prezados amigos.
Este marabilloso libro do escritor americano L. Frank Baum é sen dúbida moi recomendable; está entre un dos libros máis editados nos EEUU e Europa. A historia foi levada ao cine e a película co mesmo título está considerada pola UNESCO como patrimonio cinematográfico da Humanidade.
Un potente ciclón chega a Chapela e arredores, ti estás tranquilamente tumbad@ na túa cama, parece que estás a salvo, pero non é así! Un forte remuíño te envolve, saes pola xanela e a cama tamén… Dime, a onde te dirixes? Con quen te atoparás? Vas só? Quen che axudará a volver a casa?
Deixa voar a túa imaxinación e cóntame a túa aventura.
No hay comentarios:
Publicar un comentario