Bos días!
Xa temos unha nova edición do "Agasalla galego" porque sempre é un bo momento para regalar cultura e nestas festas un chiquiño máis... ;)
Recomendamos algunhas das novidades de música galega para adultos como: Guadi Galego (Inmersión), Tanxugueiras (Contrapunto), A banda da loba (Fábrica de luz), M.J. Pérez (Casandra)...
- O veleiro verde: A familia María Fumaça inicia unha nova viaxe nun veleiro verde coas bodegas ateigadas de amizade, cariño e cancións para compartir de xeito inclusivo. O noso capitán Ruí vai medrando, e con el a nosa ollada do mundo e da música: integradora, variada e intercultural.
Libro- cd (música)
- A nena e o grilo mais aló: Pódense cazar as
estrelas fugaces? Aos esqueletos
préstalles bailar? Ti que cres? Atrévete a descubrilo nesta nova aventur de A
nena e o grilo máis aló. Desta volta, entre medos e risas, o teatro musical
mergúllanos na maxia da fantasía.
Libro- cd (música)
- A casa do terror: A casa do terror
ten a porta aberta para ti!. Está chea de monstros e pantasmas que te sacarán a
bailar e te farán rir e desfrutar. Ten coidado porque non desexarás saír desta
aventura. Un libro-cd para gañar e facer uns amigos de medo!!
Libro- cd (música)
- Bravas. O rexurdir da luz! (Libro- cd): A infame dona Trona é feliz se ti estás triste, ou tes medo, ou te anoxas... poderán as Bravas derrotala e traer o rexurdir da da luz ao mundo? A Gramola Gominola conta a ritmo rock and roll como enfrontarse ao abuso escolar, defender a lingua, protexer a natureza e visibilizar as emocións. Mulleres bravas que inspiran e dan luz ao mundo!
Libro- cd (música)
- A fraga do meu avó: A fraga do meu avó está chea de árbores, animais e vida, pero agora vese rodeada de eucaliptos e de xente que tenta cortala. Para concienciar da problemática dos bosques autóctonos e dos espazos naturais, nace este traballo, cheo de poesía, música e ilustracións para chegar ao corazón de todos e todas para que os nenos e nenas sigan gozando de espazos de vida como este. Espazos que tan ben coidaron os noso avós.
Libro- cd (música)
- Ola! Son un bicho bóla: Ola! Son un bicho
bóla! É un libro para prelector*s e primeir*s lector*s, para explorar a soas ou
ler xunt*s. Un libro para rir e descubrir as habilidades dos bichos bóla que
viven ao redor do mundo.
Pre- lectores (Infantil)
- Atópame no mar: Quen está detrás das algas? Coñece os animais que viven no mar deplegando solapas. Pertence a unha colección de libros baseados en escenarios naturais que descobren o mundo animal aos máis pequenos a través de preguntas, coridas ilustracións e sorprendentes solapas.
Pre- lectores (Infantil)
- O acuario : Era unha vez un acuario e os seus habitantes, todos iguais, todos distintos. Un mundo pequeno, mais con problemas, onde transcorre esta historia sinxela e ben escrita sobre diferenzas, prexuízos, axuda. Un conto ilustrado e de éxito moi coñecido entre os máis novos.
Primeiros lectores
- As aloucadas historias dos Monkis: Ir de vacacións, conseguir algúns libros ou tocar o
piano poden chegar a se converter nun auténtico pesadelo para a familia Monki.
As súas aloucadas ideas farán que Musa, a súa mellor amiga, lles faga aprender
a pensar e a resolver os seus propios problemas.
Primeiros lectores
- O can de Milú: O amor polos animais, a amizade incondicional ante as adversidades e, sobre
todo, a liberdade son as cualidades sobresaíntes na obra distinguida co XII
Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado. «O can de Milu», de Mariann
Máray, é a historia dunha nena e da súa peculiar mascota, que se converte no
seu gran compañeiro de xogos e de diversión. O intenso e abundante colorido das
ilustracións transpórtanos dende o bosque á cidade, pasando polo fogar, coa
natureza como destino e espazo de reflexión e de liberdade. Son imaxes cheas de
detalles, cercanas á estética naíf e ao mundo da infancia, que xogan de xeito
audaz cos contrastes cromáticos.
Lectores autónomos
- As pitas baixo a choiva: As pitas baixo a
choiva é un relato breve que narra un feito anecdótico da infancia do autor.
Descobre o neno desde a fiestra da casa que as pitas estanse a mollar e el
téntaas facer entrar ó galiñeiro; elas asústanse e, ao final, todos os membros
da familia acaban mollados como pitos. Publicado na revista Lar en 1952, a presente
edición é a primeira desta obra de Carvalho Calero en formato de libro.
Lectores autónomos
- A que cheiran as cores. A esperada guía para coñecer
o cerebro: Es quen de mover cousas coa mente? A que sabe a cor
azul?Pareceríanos normal escoitar estas preguntas nunha conversa entre
HarryPotter e os seus colegas. Mais Juan Casto Rivadulla Fernnández nunca estivo
en Hogwarts. É un neurocientífico galego que responde estas cuestións tan
disparatadas mentres nos explica, dun xeito divertido e sinxelo, o
funcionamento do cerebro.
Lectores expertos
- Os ecos do lume :Noa ten doce anos e parece que o único que lle importa
é Internet e o que pensan dela os seus compañeiros do instituto. Pero iso vai
cambiar. Durante un terrible incendio perderá o seu irmán pequeno nunha mámoa,
que en realidade é o acceso ao incrible mundo Introterrestre. E isto é o
principio. Irá na procura do cativo e poñerá en risco a súa vida con tal de
axudalo. Descubrirá que existen eirugas coma coches e tartarugas coma montañas.
Aprenderá que nese mundo de seres estraños ela é o monstro. Será consciente do
dano que lle fan os humanos á Terra, e por que son odiados naquel mundo
subterráneo. Enfrontarase ao Gardián da luz ancestral e resolverá o secreto
misterio dos ecos do lume.
Lectores expertos
- Os nosos bosques: Libro cartoné gran formato con 5 ilustracións en
acuarela nas que resaltamos 10 especies de cada un dos ecosistemas nomeados.En
“Os nosos bosques” as fermosas ilustraciónsamósannos a riqueza de vida que agochan os diversos
bosques galegos, invitándonos a esculcalas
e coñecermos as fragas
atlánticas, as devesas luguesas, as carballeiras e soutos repartidos polo
territorio… para descubrirmos a realidade que cubre boa parte do país.
Lectores adultos
Esperamos que disfrutedes das lecturas e das vacacións... boas festas!