Boas lectoras e lectores da nosa Biblio!
Tras uns problemas técnicos aquí estamos de novo para contarvos as novidades da Biblioteca Car... non! Biblioteca Ernestina Otero!. Efectivamente esa é a primeira novidade a Biblioteca cambiou de nome en consonancia co noso proxecto actual "Semente de igualdade".
Durante este trimestre comezarán moitas actividades que vos iremos mostrando pero, xa que levamos tanto tempo ausentes, esta entrada é destinada a ensinarvos as actividades que se fixeron no primeiro trimestre. Como se nos acumularon un pouquiño imos deixarvos uns videos- resumo... esperamos que vos gusten!
Actividades que se mostran:
- Contacontos de medo por Samaín
- Preparación de contacontos do alumnado de 3º e 6º de Educación primaria
- Organización de fondos por parte do alumnado de 6º de primaria
- Formación para familias e profesorado do proxecto piloto da Consellería de Sanidade en colaboración con Alborada: "NonenRedes"
- Obradoiro de lingua de signos
Xa sabedes que a Biblio leva uns anos de transformación e nestes próximos meses pensamos que quedará rematada... estamos deseando ensinárvola!.
De momento, podemos adiantarvos algún espazo como o noso novo estudo de radio, onde 5º e 6º de primaria recuperarán as emisións de "Radio Beretiño", unha tradición na nosa escola.
En breve poñeremos máis novidades así que... estade atentos! un saúdo!
No hay comentarios:
Publicar un comentario