Para o día da paz a Biblioteca Ernestina Otero preparou unha selección de libros para que as titorías poideran traballar dita data na aula. Ademais, pediuse que a completaran deixando "un desexo de paz"... a participación foi abraiante e deixáronse desexos como:
- Que termine a guerra
- Que non haxa problemas
- Que haxa igualdade de homes e mulleres
- Que chova en todos os sitios
- Paz para todo o mundo
- Que todos sexamos amigos
- Felicidade para todos
- Que non haxa discriminación
- Que se acabe o racismo
- Que non nos peguemos
- Que xoguemos todos xuntos
- Un bo nadal para todas a nenas e nenos do mundo
- Que compartamos os xoguetes
- Deixar de contaminar a terra
- Que haxa alimentos e auga para todas as persoas
- Educación para todos
- Que non haxa armas
- Que se respeten os dereitos
- Compartir
- Que se acabe o COVID19
- Rematar coa pobreza
- Familia
- Acoller a todos os cans do mundo
- Amor
- Que non cacen animais
- Apertas
En cada clase fixeron cousas moi interesantes... que para rematar esta entrada vos ensinamos nalgunhas fotiños:
No hay comentarios:
Publicar un comentario