Ola!
A semana pasada a Biblioteca Ernestina Otero recibiu dúas visitas abraiantes: Inma Soto Iglesias e Polo Correo do vento.
A primeira é a autora do itinerario lector de Educación Infantil, Xela a superheroina de aldea que deu moito xogo fóra e dentro da aula e co que o alumnado máis cativo do cole gozou moito... moitas grazas a súa autora por traernos un contacontos tan chulo!
E tamén nos visitaron os nosos grandes amigos de Polo Correo do vento que xa estiveron varias veces no centro e nunca defrauda.
Esta vez visitaron ao alumnado máis maior do centro (5° e 6° de Educación Primaria) para ensinarlles da súa forma tan particular e amena datos sobre a pintora Maruja Mallo.
O alumnado pasouno estupendamente así que moitas grazas Enrique Mauricio e Tania Solla por visitar a nosa biblioteca.
No hay comentarios:
Publicar un comentario