1/5/24

Concurso carteis 8M

 Boas!

Durante o mes de marzo propuxemos un reto ao noso alumnado e familias:


E este foi o alumnado vencedor... noraboa polo voso traballo!





Grazas por apoiar as iniciativas da biblioteca!

Abril, mes do libro

Ola!

Durante este mes estivemos celebrando "Abril, mes do libro" coa volta dos recreos musicais e con horas de ler de contacontos de 5° e 6° de primaria pola radio escolar.

Podedes escoitalos indo ao final desta entrada:

Ademais, como colofón  celebramos o día do libro coa "Ruta literaria" realizada polo alumnado de 6° de primaria (en clase de valores) e do Equipo de biblioteca. 
A iniciativa foi todo un éxito xa que o alumnado gustoulle moito poder escoller o conto ao que quería ir dos seis simultáneos que había:


Aquí un resumo fotográfico do evento... noraboa ao alumnado de 6°!:



Recreos musicais

E seguimos coas actividades de "Abril, mes do libro"!

Ademáis, dos contacontos nas horas de ler (os martes e mércores) neste mes volve un clásico da nosa biblioteca... os recreos musicais!

Nestes no que o alumnado que quere (e sabe música) deleita as súas compañeiras e compañeiros nos primeiros minutos de recreo.



Moitas grazas a todos os artistas, encántanos ter a nosa biblioteca tan chea de vida!. A continuación un pequeno resumo das actuacións:

11/4/24

Lecturas e familias: Estefanía Padullés

 Boas!

Dentro do programa "Lecturas e familias " este mércores visitou a nosa biblioteca  Estefanía Padullés, a recoñecida escritora e ilustradora a que lle dedicamos as novas recomendacións lectoras.

As familias que asistiron puideron ver en vivo como ía ilustrando unha das súas historias  mentres as contaba... toda unha experiencia!




Moitas grazas á autora,  ás familias e a Hércules Edicións por facelo posible!


5/4/24

Novas actividades

 Bos días!

Esta semana está sendo moi interesante no colexio xa que a empezamos e rematamos con actividades. 

O mércores prácticamente todo o alumnado acudiu á función teatral "Voa, voa" na que se mesturaban retahílas e xogos da tradición oral dunha forma cómica. Ademais,  como foi no Multiusos Piñeiral do Crego, o alumnado pudo xogar e gozar do parque. 

Moitas grazas ao Servizo de Normalización lingüística do Concello de Redondela por facelo posible. 

E o venres visitáronnos "Os Bolechas" para facer un obradoiro sobre o dano cerebral adquirido no que participaron as nenas e nenos de 1° e 2° de primaria.


Ata a próxima!

2/4/24

Homenaxe ao Hematocrítico!

Benvidos ao terceiro trimestre!

E que mellor forma de comezar aue coa visita dun novo autor,  nesta ocasión  David Rodríguez (ofunambulistacoxo@blogspot.com).
Este autor reuniuse co alumnado de Infantil (4°, 5° e 6°), 1°e 2° de primaria para ensinarlles a obra de Miguel Ángel López (El Hematocrítico) a través dun animado espectáculo de contacontos e música.
Con este acto poñemos clausura á homenaxe do incansable autor de literatura infantil que tan triste e repentinamente deixounos neste curso... grazas a Xerais por facilitarnos os recursos e a David Rodríguez por vir a nosa biblioteca!




 Esta actividade foi moi axeitada para o "Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil" no que se busca fomentar os bos libros de lectura entre os máis cativos, coincidindo co nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen (ó 2 de abril de 1805).
Ata pronto!

29/3/24

Radio na biblio

 Que tal?

Este curso continuamos no programa "Radio na biblio" dentro do cal 5° e 6° de primaria poñen en funcionamento "Radio Beretiño".

A radio é unha actividade moi chula na que o alumnado fai diferentes tarefas:

1. Definir o programa decidindo que seccións queren incluír.

2. Escribir o guión de cada programa para logo practicar a súa lectura.



3. Gravar o programa na radio e despois editalo cortando as partes en que non quedaron tan ben e engadindo as músicas necesarias.


4. Facer o reconto das respostas do Concurso e sortear os premios. Tamén comproban cánto gustou a recomendación musical. 
5. Despois gravan o programa anunciando os premios. 



E tras todo ese traballo aquí están os dous primeiros programas deste curso:

Programa de 5º de primaria:


Programa de 6º de primaria: 


Ademais, tamén empregamos a radio para preparar "Abril, mes do libro" e gravamos un contos que serán postos nas horas de ler de abril... click enriba do título para que se abra a ligazón e poder escoitalos:

Un saúdiño!!