22/12/11

AGASALLA EN GALEGO





Este nadal a Caracola Tola e o Beretiño fixéronse amigos para recomendar agasallos das nosas músicas e da nosa literatura.

LIBROS PARA AGASALLAR





A Caracola Tola recomenda estes libros para os agasallos que que esperamos do Apalpador. Para a composición interior servímonos do libro de Xoán G. "O Apalpador e a castaña máxica".


18/12/11

PANXOLIÑA DO APALAPADOR

NA CLASE DE MÚSICA ESTIVERON A TRABALLAR COA PANXOLIÑA QUE APARECE NO LIBRO DO APALPADOR E ASÍ A CANTA O ALUMNADO DE CINCO ANOS.

15/12/11

O APALPADOR

ESTE E O PRIMEIRO DOS TRES CADERNOS SOBRE A FIGURA DO APALPADOR DESEÑADOS PARA TRABALLAR NAS DIFERENTES IDADES DO CICLO DE EDUCACIÓN INFANTIL.
caderno_de_investigación_o_apalpador_3_anos

CADERNO DO APALPADOR 4anos

Este e o caderno de investigación do apalpador co que están a traballar os alumnos/as de catro anos.
CADERNO_DE_INVESTIGACIÓN_O_Apalpador_4_ANOS

14/12/11

CADERNO DO APALPADOR

ESTE E O CADERNO DO APALPADOR QUE ESTAMOS A TRABALLAR NAS CLASES DE 5 ANOS
CADERNO_DE_INVESTIGACIÓN_O_Apalpador_5_ANOS

11/12/11

CHEGOU O TEMPO DO APALPADOR

Chegou o apalpador á escola e andan en moitas clases contando os seus contos e pescudando sobre a súa figura. Estes son os contos que temos na biblio sobre él:



24/11/11

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Estas son as nosas propostas de actividades para traballar dende a escola o problema que está afectando tanto a nosa sociedade.

16/11/11

OS NOVOS USUARIOS DA BIBLIOTECA

Comezou o préstamo en Educación Infantil e xa temos os novos usuarios da Biblioteca da Caracola Tola.



6/11/11

MES DA BANDA DESEÑADA NA ESCOLA




Aproveitando os marabillosos empréstitos que nos fixeron chegar as BIBLIOTECAS DE REDONDELA con máis de 100 títulos de banda deseñada para todas as idades e querendo espallar ao máximo a iniciativa e a afección polos cómics estamos a traballar en distintas actividades con este xénero. Polo de pronto, montamos na biblioteca da CARACOLA TOLA unha exposición temporal cos títulos emprestados e os dos nosos fondos.

3/11/11

FORMACIÓN DE USUARIOS



O CEIP DE PEDROUZOS ENVIOUNOS ESTE LIM PARA AXUDAR A FORMACIÓN DE USUARIOS DA BIBLIOTECA. INTENTA RESOLVER AS ACTIVIDADES E COMPROBARÁS SE ERES UN BO USUARIO.



GRAZAS O CEIP DE PEDROUZOS

2/11/11

NO SAMAÍN CONTAMOS CONTOS DE MEDO

EN COLABORACIÓN CON DINAMIZACIÓN LINGUÍSTICA O ALUMNADO DE 5º CURSO PREPAROU CONTOS DE MEDO E DE SERES FANTÁSTICOS PARA FESTEXAR O SAMAÍN.

26/10/11

TÍTULOS PARA O SAMAÍN NA NOSA BIBLIO



AS MOCHILAS VIAXEIRAS ANTES DE PARTIR

VAIA SORTE!


Como un marabilloso agasallo, chegou a nosa biblioteca o fermoso novo disco de MALVELA.
Temos a sorte de poder gozar das súas cancións e admirar a súa presentación.


18/10/11

A ESCOLA QUE NOS GUSTARÍA

Una suxestión de actividade para 3º Ciclo

La escuela de los niños felices

28/9/11

Un conto para os primeiros días...




Para falar dos medos á escola nos primeiros días de clase, nada mellor que contar as excusas que di "SPLAT, EL GATO" para non ir.






10/7/11

RECOMENDACIÓNS LECTORAS

Publicación2

15/6/11

LEMBRANDO A JUAN FARIAS

Canto tenmos gozado coa súa escrita, a retranca tan nosa e o seu amor polo país.
No enlace á nosa biblio podemos consultar as obras que del dispoñemos.
Ata sempre, Juan Farias


http://www.opacmeiga.rbgalicia.org/ResultadoBusqueda.aspx?CodigoBiblioteca=PEC074&Valores=DAFarias,%20Juan

DESFILE DE SOMBREIROS NA BIBLIOTECA


O certo é que na clase de 4º curso de primaria vimos de rematar o libro de "Pamela Panamá ya no cree en los cuentos de hadas" no que abondan constantes referencias a toda sorte de sombreiros, chapeus ou calquera cousa que se poida levar enriba da cachola, así que decidimos colocarnos algo enriba da escola para rematar o último día de biblioteca.


6/6/11

A INSORPORTABLE LEVEDADE DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Ante a previsible retirada de formadores específicos no ámbito das bibliotecas escolares no Servizo de Formación do Profesorado, no Centro Autonómico de Formación e Innovación e nos centros de formación e recursos dependentes da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, segundo o borrador da orde que convocará concurso público de méritos para cubrir postos de persoas directoras e asesoras nestes centros queremos manifestar o seguinte:


A insoportable levedade das bibliotecas escolares galegas

Hai proxectos que nacen marcados pola vulnerabilidade e a razón desta circunstancia non ten nada que ver coa falta de rigor ou a pouca entrega das persoas que os poñen en marcha. Máis ben ten que ver co feito de que nacen destinados a nadar contra corrente. Con todo, esa é a principal razón da súa existencia: xorden porque responden a unha necesidade non satisfeita pero compartida por un número crecente de persoas que senten que é posible compartir e facer viable o proxecto xuntos. Así naceu o movemento que cristalizou na iniciativa que todos coñecemos como PLAMBE. De xeito que dende hai algúns anos, esa iniciativa levou o mellor da creatividade e o esforzo de moitos docentes que xenerosamente regalaron o seu tempo e a súa capacidade de formar equipos e ilusionar a outros docentes en centros e centros de toda a nosa comunidade. Xuntos aprendemos a ser rigorosos e esixentes nos nosos proxectos, a crear espazos de aprendizaxe colaborativo, de cambios de estratexia, de achegamento ás novas tecnoloxías, de racionalización na xestión da información. Que ninguén se equivoque: os responsables das bibliotecas escolares non son seres evanescentes perdidos en vanas quimeras que tentan “roubar” horas a materias “importantes” para que o alumnado esmoreza entre mundos de ficción. Nada máis lonxe da realidade. Nun centro onde hai un equipo que xestiona a biblioteca de forma eficaz nótase. Os fondos adquírense con criterio, establécense acordos para xestionar a información, créanse espazos de colaboración e docencia compartida. Non é doado porque a maquinaria educativa ten unhas inercias difíciles de combater. A pesar de todo, estes docentes fórmanse e exercen a súa dura misión en horas non retribuídas, roubadas ás súas familias, ao descanso, ao lecer. Fomos coordinados con rigor e seriedade pola Asesoría de Bibliotecas Escolares pero sempre nos faltou o marco legal axeitado. A nosa misión é dura porque queda moito por definir. Na nosa inxenuidade e boa fe esperabamos conseguir progresivamente tempos e formación para seguir mellorando na nosa función se demostrabamos que eramos rigorosos e eficaces. Os nosos méritos como colectivo son dabondo coñecidos polos nosos gobernantes e acreditados por diferentes administracións e ámbitos a nivel estatal. Os numerosos e constantes premios anuais de boas prácticas concedidos polo Ministerio de Educación y Ciencia non caeron do ceo. Durante todos estes anos a formación recibida foi fundamental para levar a cabo actuacións rigorosas e enfocadas na dirección correcta.


Sabemos das cuantiosas axudas que a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, destina a outros proxectos, dos incentivos para a elaboración de contidos dixitais por parte das empresas editoriais, entre outras iniciativas. Non sería tamén interesante fomentar a produción de materiais propios e promover desde cada centro a estandarización de procedementos que axuden a xestionar a información entre o noso alumnado sen confiar todo a eses materiais externos que proceden da industria editorial, por valiosos que poidan ser? Por que non seguir aproveitando a experiencia e valía dos equipos das bibliotecas escolares nestes cometidos?. O noso empeño sempre foi crear nos centros pequenos focos que tentan estender esas boas prácticas de innovación e excelencia. Non entendemos este novo e repentino xiro na política de formación desta Dirección Xeral. Non nos parece xusto posto que, podemos dicir honestamente que, pola nosa banda, cumprimos con fartura. Ao desmantelar as estruturas que nos sosteñen o deterioro será proporcional ao entusiasmo e o esforzo investidos: inmenso e imparable. Algúns lembramos como o noso Conselleiro lanzou un bico ao aire ao despedirse dos asistentes aos últimos encontros despois dunhas entusiastas palabras de eloxio polos éxitos logrados polas bibliotecas escolares galegas a nivel estatal. Onde quedou ese entusiamo? Que interpretación debemos facer? O noso país pode permitirse tirar pola borda todo este traballo? E nós?. En que situación quedaremos agora diante das nosas comunidades educativas se despois de tanta insistencia é a propria Consellería a que nos invisibiliza?.

26/5/11

FACENDO UNHA RECENSIÓN AOS TÍTERES


A verdade é que o mes de maio está cheo de actividades extraescolares; onte estivemos no Festival Internacional de Títeres gozando de "Cabaré de Fíos".
Nos comentarios van as críticas do alumnado de 6º curso.

VAIA SORPRESA !



O alumnado de 6º recibemos onte unha mensaxe secreta na aula pero non fomos quen de descifrala polo que quedamos moi intrigados; pero, ante a nosa sorpresa, hoxe mandáronnos outra cun código moito máis fácil; nela, lemos que o alumnado de 1ª A nos invitaba á súa clase a escoitar uns contos feitos por eles na Hora de Ler; era o seu xeito de darnos as grazas polos contos que lles contamos ao longo do curso.
Xa podedes ver as caras de atención e , como non deu tempo a máis, xa voltaremos a por máis.
Grazas pola sorpresa!

CABARÉ DE FÍOS

A obra representada para o alumnado do noso cole foi CABARÉ DE FÍOS de THE FIFTH WHEEL.
Altamente recomendable!!!!!!!!!

FESTIVAL DE TITERES DE REDONDELA

Comezou xa a festa da diversidade que encherá de novo Redondela de marionetas de fíos, monicreques tradicionais, vangardas creativas, xogos participativos, animación de rúa e unha chea de sorpresas.
Para consultar o programa de actividades fai click sobre a imaxe.

24/5/11

Imaxinando a Daniel Nesquens perto de nós ...




Imaxinamos que Daniel Nesquens pasaba pero para falarnos do libro que nos giustou tanto en 5º curso : "Ata ( case) 100 bichos" e fixemos uns carteis informativos.

17/5/11

O CONTO VIAXEIRO DE LOIS PEREIRO

EN INFANTIL PARTICIPAMOS NA CREACIÓN DUN CONTO CON OUTROS COLEXIOS DE REDONDELA; AQUÍ TENDES A NOSA PARTE COMO ADIANTO.

12/5/11

APRENDENDO A SER CIENTÍFIC@S



Aprendimos unha morea de cousas no MOBILAB ao mesmo tempo que nos divertimos; experimentos coa luz e cos microscopios que nos asombraron. Bravo pola iniciativa!


28/4/11

MÁIS ACTIVIDADES: A BIBLIOCARAVANA.






Recibimos a visita da bibliocaravana do Concello de Redondela onde , por medio de libros, quedaba reflectida a diversidade lingüística da península ibérica. Foi do máis interesante.


ACTIVIDADES NA SEMANA DO LIBRO






Coa bibliocaravana do Concello de redondela viñeron dúas contacontos que animaron ao alumnado de E. Infantil e 1º ciclo de Primaria.Pasámolo moi ben!