28/4/16

APRENDEMOS DOS PEQUENOS

Este pasado luns, o alumnado de 5º foi á clase de 6º curso de E. Infantil para aprender dun experimento sobre a densidade da auga.
o alumnado de 5º quedou impresionado do que nos amosaron e aprendemos todos moitas cousas.










Visita á exposición dos libros





EXPERIMENTANDO COS LIBROS NO LABORATORIO

Imaxes que mostran a experimentación que o alumnado de 4º B fixo arredor dos libros e as súas medidas no laboratorio.










21/4/16

EXPOSICIÓN DO DÍA DO LIBRO

Este curso  temos dúas exposicións relacionadas co Día do Libro: a primeira no laboratorio , para traballar aspectos matemáticos relacionados co formato dos libros e a segunda a carón da biblioteca sobre libros cun formato especial.

PARA AS MATEMÁTICAS





OUTROS FORMATOS









GARGALLADAS CON MAMUEL MARÍA

O pasado luns, 18, achegouse á nosa escola o actor ANXO MANOEL para facer rir moito.
Polo medio do seu recitado poético ía metendo poemas e versos de MANUEL MARÍA  e así, a base de risa,s fomos coñecendo un chisco dos poemas do escritor da Terra Chá e algunhas consideracións sobre a lingua.
Unha demostración de como se pode aprender con moita diversión.
Queremos felicitar a ANXO MANOEL polo seu espectáculo e por facernos pasar un momento tan divertido.












EXPOSICIÓNS NOS MURAIS DA ENTRADA

As clases de 4º, 5º e 6º fixeron un traballo arredor do 8 de Marzo, titulado " A MIÑA MULLER TRABALLADORA", no que relataban as loitas dalgunha muller coñecida polo alumnado.
O resultado destes traballos son expostos, finalmente, na entrada da escola para que toda a comunidade educativa poda aprender deles.
Tamén figura noutro mural o traballo realiazado polo alumnado de 5º sobre mulleres cuxo talento non foi recoñecido ou foi directamente usurpado ou roubado.
MOITAS GRAZAS A TODAS AS FAMILIAS QUE COLABORARON CONTÁNDONOS A SÚA HISTORIA DE LOITA E SUPERACIÓN!!