23/4/20

A pousada do almirante Benbow



Este ano, o Día do Libro amenceu tan bonito! Temos luz e sol e todo un día enteiro para pensar nos libros que máis nos gustan.

Pero, como é que celebramos o Día do Libro? Pois déixame que cho conte. Resulta que en 1988, a UNESCO, que é unha axencia das Nacións Unidas que traballa coa educación, a ciencia e a cultura, escolleu un día para celebrar os libros e os dereitos dos autores e como ao longo da historia moitos autores habían nado ou morto no mes de abril, pois escolleron o día 23 de abril. Así de simple!

Agora vou contarche que libro vou ler eu hoxe. Estes días atopei a miña copia da Illa do Tesouro, escrita por  R. L. Stevenson. A Illa do Tesouro é unha novela de piratas publicada en 1883. De feito, é “a” novela de piratas. Vou visitar aos meus vellos amigos de hai tantos anos. O mozo e valente Jim  Hawkins, que en ningún momento esquece o valor da amizade. O vello e astuto capitán John  Silver o Longo, que é capaz de enganar a quen sexa necesario para lograr recuperar o seu tesouro. Por certo que debía de ter unha bonita voz, porque todos os outros mariñeiros pídenlle que cante e así aprendemos a Canción dos Quince Homes.

Direiche unha cousa, todos os piratas que viñeron despois aprenderon como ser piratas estudando as leccións o Capitán John  Silver o Longo. Todos!, dende Jack  Sparrow ata o Capitán Capitán Pirata. Tamén vou sorprenderme outra vez do  crédulo que é o señor John  Trelawney, que se cre todo o que lle conta John  Silver o Longo e termina por contratar para o seu barco unha tripulación enteira de piratas… e nin se dá conta. Pódelo crer?

Que libro vas ler ti este Día do Libro? Se me deixas un comentario dicíndome que libro vas ler hoxe, entón eu tentarei de atopar unha copia para lelo eu tamén.

17/4/20

VERSOS VICEVERSOS

Ola nenas e nenos!!!!!

    Son o Beretiño. acordádesvos de min??? Pois eu tamén estou na casa, esperando que pase todo esto e xa teño moitas ganas de volver a vervos. Como penso tanto na escola, fixen unha actividade para entretervos estes días... pero sen presa.. podedes facelo con calma, nas próximas dúas semanas... A actividade que vos propoño e sinxeliña... Trátase de que fagades un debuxo, propóñovos esto porque sei que sodes uns grandes artistas. O debuxo ten que ser sobre o poema de Antonio García Teijeiro que se chama: "PASO EL TIEMPO CONTANDO DE NOCHE LAS ESTRELLAS", podedes velo no vídeo que se adxunta o final.
ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR e mandar as vosas creacións o correo do cole: ceip.alexandre.boveda@edu.xunta.es.

    Unha aperta moi forte e moitísimo ánimo!!!! 

#xuntospodemos

#todovaasalirbien

MOITOS, MOITOS BICOS!!!!!!!