31/1/14

VIDEO TOC TOC



SUMANDO MANS E XUNTANDO APERTAS

COMEZO DAS SESIÓNS DE CONTACONTOS.

Hoxe, a alumnado de 6º comezou a contar contos ao alumnado de E. Infantil e 1º ciclo de E.Primaria.
Están un pouco nerviosos pero irán mellorando coa práctica.







30/1/14

3ª parte: DÁ A NOTA POLA PAZ

E o alumnado de 4º, 5º e 6º bailou " Don Melitón"(Para cantar e bailar) e logo bailamos todos xuntos "Toc Toc" de Pablo Díaz

 


2ª parte: DÁ A NOTA POLA PAZ.

O alumnado de 1º, 2º e 3º bailou e cantou " A carrasquiña" ( Na punta do pé).



DA A NOTA POLA PAZ: XORNADA DE APERTAS ABERTAS

Celebramos o día da Paz con varias actividades e o remate final foi moi, moi musical.
Primeiro estivemos vendo a presentación que a profe Ana fixo de todo o noso traballo nestes días.
Logo, o alumnado de E. Infantil cantou "Non chores peixiño" (Luis Prego) e "Alegría" (María Fumaça).


E SEGUE...MÁIS CONCERTOS NA BIBLIOTECA

ONTE TIVEMOS UN CONCERTO PRECIOSO NA BIBLIOTECA.
ACOMPAÑADAS Á GUIARRA POLA PROFE DE MÚSICA, ANA, NATI(2º), NEREA E RAQUEL (6º) CANTARON UNHA CANCIÓN PRECIOSA "FICO ASSÍM SEN VOÇÉ" DE A. CALCANHOTO E O ALUMNADO DE 2ºA CANTARON UNHA CANCIÓN TRADICIONAL.





28/1/14

BOLETIN CARACOLA TOLA XANEIRO 2014

" Medir e Contar " é o titulo do Proxecto de Centro deste curso. Relacionado con mesmo presentamos algunhas  suxerencias lectoras, algunhas curiosidades matemáticas e ... resolve a cuestión.

26/1/14

PARA TRABALLAR NA AULA ESTA SEMANA.

Para traballar esta semana contidos relacionados co día da Paz e relacionados co noso proxecto temos dous libros na biblioteca moi interesantes xa que posibilitan o debate co alumnado sobre temas preocupantes na nosa sociedade.



19/1/14

MÁIS RECREOS DIVERTIDOS NA BIBLIOTECA DA CARACOLA TOLA

Seguimos coa idea das actuacións na biblioteca durante a hora do recreo. Este venres 17, contamos cuunha actuación de maxia a cargo de Nerea e Marta (3º) e a lectura dun conto por parte de Aicha, tamén de 3º curso. Moitas grazas polo voso tempo.