29/3/24

Radio na biblio

 Que tal?

Este curso continuamos no programa "Radio na biblio" dentro do cal 5° e 6° de primaria poñen en funcionamento "Radio Beretiño".

A radio é unha actividade moi chula na que o alumnado fai diferentes tarefas:

1. Definir o programa decidindo que seccións queren incluír.

2. Escribir o guión de cada programa para logo practicar a súa lectura.



3. Gravar o programa na radio e despois editalo cortando as partes en que non quedaron tan ben e engadindo as músicas necesarias.


4. Facer o reconto das respostas do Concurso e sortear os premios. Tamén comproban cánto gustou a recomendación musical. 
5. Despois gravan o programa anunciando os premios. 



E tras todo ese traballo aquí están os dous primeiros programas deste curso:

Programa de 5º de primaria:


Programa de 6º de primaria: 


Ademais, tamén empregamos a radio para preparar "Abril, mes do libro" e gravamos un contos que serán postos nas horas de ler de abril... click enriba do título para que se abra a ligazón e poder escoitalos:

Un saúdiño!!

27/3/24

Nova visita á Biblioteca: Uxía Morán!

Ola a todos!

O venres 22 de marzo tivemos unha nova visita do programa "Lectura e familias " que foi todo un éxito, Uxía Morán. 

A convocatoria foi todo un éxito e a rapazada (e as súas familias) pasárono moi ben cia autora coñecendo libros e dramatizando.

Grazas a Uxía Moràn por permitirnod g8zar na nosa Biblioteca!







Acabade ben as vacacións e vémonos moi pronto!

24/3/24

Novidades e clube de ciencia

Ola!
Como boa biblioteca en Ernestina Otero non paramos de recibir novidades e, para que o alumnado esté enterado, están expostas polos corredores do colexio (ademais de estar no recuncho específico da biblioteca).





Como podedes observar,  moitas das novidades teñen que ver con bioloxía, astronomía, física... é así porque no noso cole hai moito alumnado que participa gustosamente no Clube de ciencia... sabedes que é?
O Clube de ciencia son xuntanzas mensuais polas tardes na que o alumnado reforza dunha forma lúdica e experimental os contidos das súas clases de naturais, sociais e matemáticas... a eles encántalles!

Fotos

Ata a próxima!
 

22/3/24

Poetízate!

Moi boas!
Para o día da poesía a Biblioteca levou aos recunchos lectores repartidos polo centro obras poéticas e información dalgunhas importantes poetisas galegas para animar ao alumnado coa iniciativa: poetízate!



 Esperamos que o noso alumnado goce da poesía nos seus momentos de lectura. 

E para celebrar unha data tan bonita tivemos na nosa biblioteca a XABIER DOMÍNGUEZ, o autor de Miquits, itinerario lector de 3° e 4° de primaria.  Escritor e alumnado intercambiaron experiencias sobre a lectura e asinaron os seus exemplares... moitas grazas ao artista e ao "Consorcio Editorial Galego" por facer posible esta visita!
Para despedirnos deixamos algunhas fotiños:


19/3/24

Obradoiro :O monstro de cores"

Olaa!
O venres pasado a Biblioteca impulsou un contacontos para nenas e nenos nacidos no 202021. A actividade consistiu nun obradoiro baseado no famoso conto O monstro de cores de Anna Llenas e as cativas e cativos que acudiron pasárono xenial experimentando coas cores e as emocións.

Velaquí unha pequena mostra do realizado:

 Alegría 

Rabia

Tristeza 

Medo

Calma
Moitas grazas por participar!

18/3/24

8M, sementando pensamentos de igualdade

Bos días!

Nunha data tan sinalada como o 8M non podíamos deixar de reunirnos e compartir os nosos traballos e desexos de igualdade. Cada clase realizou un pequeno discurso en prol da igualdade e decorou unha maceta cun Pensamento de cor violeta.







 E así lucen os nosos pensamentos de igualdade xunto aos carteis que estades traendo pouquiño a pouco... moitas grazas!

17/3/24

Contacontos con Sabela Gago

 Boas!

O pasado mércores viu a nosa biblioteca Sabela Gago de https://sarabelateatro.com/es/quen-somos/ficha-tecnica/.

O alumnado gozou moito con ela, así que moitas grazas á artista e a Pablo de Santillana por facelo posible... agardamos que nos acompañe máis veces na Biblioteca Ernestina Otero!


Con Educación Infantil



Con 1°, 2° e 3°EP

Con 4°, 5° e 6° EP 

E aquí unha pequena mostra no seguinte vídeo:

8/3/24

Unha semaniña enteira con Rosalía

 Bos días!

A semana pasada estivemos celebrando no cole o "Día de Rosalía" facendo unha adaptación da proposta dos IES de Redondela "Unha semaniña enteira".


Así, cada día o alumnado deste colexio dramatizou, cantou e recitou a obra da importante literata e a biblioteca contribuíu como escenario e aportando recursos para o seu traballo.




E aquí un vídeo resumo das marabillosas actuacións do noso alumnado e as creacións dos maiores do cole (click enriba para visualizar):

 
Vídeo- resumo de todas as actuacións (Infantil e primaria)

 
 5°EP: "Caldo de Gloria"

 
6°EP: "Rosalía pasado, presente e futuro". Biografía