30/11/17

FORMACIÓN DE USUARIOS

@s alumn@s de sexto explicáronlle aos de primeiro o funcionamento da biblioteca.

29/11/17

25 DE NOVEMBRO : DIA DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO CONTRA A MULLER

@s alumn@s de 6º de Primaria traballaron, guidados  polas súas titoras, a violencia de xénero que se exerce dende a adolescencia a traves das redes sociais. Seguindo diferentes novas e documentos relacionados coa temática nos deixaron información, que tod@s debemos coñecer. Grazas polo voso traballo.

26/11/17

25 DE NOVEMBRO

Ao longo desta semá @s alumn@s do CEIP P. Alexandre Bóveda descubrimos diferentes aspectos da violencia contra as mulleres que existe a nivel social e cultural.

25/11/17

Celebrando o Samain, os Xogos Populares e o Magosto no cole de Angore.

Este curso @s nen@s do Ceip P. Alexandre Bóveda recuperamos a celebración dos Xogos Populares despois de descubrir un montón de curiosidades sobre a nosa festa " O Samain". 
Despois de pasalo ben e gozar todos xuntos, degustamos unhas sabrosas castañas que como xa é tradicional no prepararon os membros do ANPA, que sempre colaboran con nós.
Tamén despedimos a uns membros do mesmo, Suso e Rocio, que levan moitisimos anos preparando as castañas para nós. Como despedida agasallamolos coa entrega dun título honorífico por dita colaboración.





CANTANDO O MAGOSTO NO COLE DE ANGOREN

@s nen@s do Ceip P, Alexandre Bóveda rematamos o noso magosto deste curso, cantando todos xuntos. Ai vai para que todos o disfrutedes.