29/1/19

RECUNCHO DA PAZ

Este é o noso recuncho con libros sobre a Paz. Son libros seleccionados sobre a liberdade, o compañeirismo, tolerancia, igualdade...Títulos como: "En la unión está la fuerza", "Por cuatro esquinitas de nada", "Wangari", "A pomba dona paz", "Negros e brancos"...

Pasade pola Biblio!


28/1/19

ADIVI-PATIO

A Caracola Tola deixou unha mensaxe en cada clase. Hai un concurso de adiviñas chamado...
ADIVI-PATIO! Participa!




25/1/19

ESCALEIRA DA PAZ

Xa estamos preparándonos para o Día da Paz. Desde a Biblioteca traballamos os poemas da paz do libro "Versos da tarde Laranxa" da escritora Ana María Fernández.
Entre todas as clases de Primaria escribimos uns versos do poema "Escolle a paz" nas escaleiras do noso cole. 

Así de bonita está!





19/1/19

BURACOS NATURAIS

Durante o primeiro trimestre estivemos traballando OS BURACOS NATURAIS, a través das covas, fracturas, buracos volcánicos, buracos na auga e buracos no espacio.

Estes son os traballos cos que fixemos 
o mural conxunto do proxecto BURACOS 
no noso cole.









11/1/19

AGASALLA GALEGO

Antes das vacacións do Nadal, dende os departamentos de Dinamización Lingüística, Biblioteca e Tics enviamos unhas recomendacións lectoras ás familias.
Aquí están os recursos de AGASALLA GALEGO!





10/1/19

NOVIDADES XANEIRO

Xa están as novidades deste mes de xaneiro.

...Paseniño, paseniño...Elisa no mundo das marabillas... Bat Pat Una fierecilla indomable...Los Goonies...¿Qué le pasa a Uma?... 

Pásate pola Biblio para descubrilas!