27/1/11

RECOMENDACIÓNS LECTORAS: "DÍA DA PAZ"

AS NOSAS RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O DÍA DA PAZ SON TRES LIBROS QUE NOS AXUDAN A POÑERNOS NO PUNTO DE VISTA DE OUTRAS PERSOAS E ASI ATOPAR SOLUCIÓNS PACÍFICAS ANTE OS CONFLITOS.
PARA EDUCACIÓN INFANTIL: "POR CUATRO ESQUINITAS DE NADA" EDITORIAL JUVENTUD

PARA PRIMEIROS LECTORES: "ÉRASE OTRA VEZ UN BOSQUE" EDITORIAL INTERMÓN OXFAM

PARA LECTORES AUTÓNOMOS: "EL PACTO DEL BOSQUE" EDITORIAL EL JINETE AZUL

INAUGURAMOS CLUBE DE LECTURA



Onte, mércores,26, tivemos a primeira xuntanza do clube de lectura co alumnado de 6º curso.Será a profe de inglés a moderadora deste clube e , grazas a colaboración do CEIP Igrexa (Chapela) que nos prestaron os exemplares , poderemos ler " A pantasma de Canterville" de Oscar Wilde, en versión adaptada da editorial Almadraba.
O primeiro día falamos un chisco sobre os coñecemntos previos que tiñamos da obra ou do autor ( xa había alguén que a lera) e tamén había outros que escoitaran falar do "Retrato de Dorian Gray".
Quedamos de buscar un nome para o vindeiro día e falamos tamén das normas dun clube de lectura e as razóns da súa existencia.
Creo que tod@s saímos ben content@s.

21/1/11

A MALETA DO CFR DE VIGO


Esta semana estamos de noraboa, xa que temos dúas grandes exposicións de libros;en primeiro lugar, recibimos de novo fondos da biblioteca de Chapela sobre o noso proxecto integrado e , en segundo lugar, recibimos a maleta que o CFR de Vigo preparou para andar entre os centros, orientados ao profesorado que estea interesado na animación á lectura e os seus diferentes aspectos.

17/1/11

ARROLANDO


Vimos de descubrir un disco especial; chámase "Arrolos de salitre" de Xabier Díaz e Guillerme Fernández e é unha coidada produción de nanas para os máis miúdos en especial pero válidos para todas as idades. Tamén podemos ler un conto moi poético de Lupe Gómez e gozar dunha variedade ampla de voces do noso novo panorama musical.

13/1/11

Á DESCUBERTA DOS CONTOS

O alumnado da clase de Marie Curie empezou hoxe a contar os contos o alumnado de Infantil e primeiro ciclo. VelaÍ unha mostra do seu traballo...

11/1/11

PAIXÓN POLOS LIBROS

Nestes tempos de consumismo atroz, toda unha lección de humildade e un punto de reflexión sobre o noso labor cotián.