2/12/16

PREPARANDO CO ALUMNADO DE SEXTO A SÚA BIBLIOTECA DE AULA

Este curso puxemos en marcha unha nova iniciativa para fomentar a lectura nas aulas. O propio alumnado foi o encargado de escoller os exemplares que forman parte das súas bibliotecas.





CIMENTOS DO NOSO PROXECTO


Como nunha boa construción, os cimentos son o máis importante... estes son algúns libros que cimentan o noso traballo.











EXPOSICIÓN NA ENTRADA

 Como necesitábamos motivarnos despois das vacacións para empezar o novo curso, montamos desde a biblioteca unha exposición na entrada do centro para que fóramos facendo unha idea do noso proxecto  " MIÑA CASIÑA, MEU LAR"











O NOSO PROXECTO INTEGRADO

Miña casiña, meu lar.

Miña casiña, meu lar. by Alexandre Bóveda on Scribd

"MIÑA CASIÑA, MEU LAR"

28/11/16

Aínda que co curso xa en marcha, aquí estamos outra vez para compartir convosco nosas experiencias.
E comezamos...

5/6/16

AS ACHEGAS DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN

O departamento de Orientación aportou ao PDI a súa visión do mesmo e o resultado pode calificarse de altamente positivo. 
Ademais de preparar e elaborar os materiais e as actividades, dirixiron persoalmente o desenvolvemento das sesións.
Facilitaron a visita á escola de dúas persoas da Asociación de Xordos de Vigo que nos impartiron unha charla que derrubou moitas confusións e erros sobre este tema.
Desde a biblioteca queremos agradecer ao equipo por facilitarnos outra ollada e sensibilizarnos con outras posibilidades de comunicación.

30/5/16

ARREDOR DA ELECTRICIDADE

O alumnado de 5º curso, na clase de Ciencias Naturais estivo traballando sobre o funcionamento da electricidade. 
Estes son os resultados:






22/5/16

OUTRO FINAL PARA " EL BALONAZO" DE BELÉN GOPEGUI

Rematamos de ler " EL BALONAZO" de BELÉN GOPEGUI  e na clase de 6º escribimos outro final diferente xa que no libro quedaba moi aberto.
Así comezamos o proceso de escrita:
  1. Escollemos do xornal as diferentes crónicas deportivas que contan o que sucede nos campos de fútbol.
  2. Lemos e imos subliñando aquelas expresións que nos parecen curiosas ou os chaman a atención e comentámolas e preguntamos o seu significado.
  3. Elaboramos un guión do que queremos escribir, as liñas fundamentais sobre o desenvolvemento final.
  4. Escribimos, lemos, corriximos, lemos,lemos en voz alta, corriximos.. 

Esta é unha mostra do escrito por unha alumna de 6º: IMPECABLE!
Ni un segundo de conformismo del Laforet
Paula F.M.
El Laforet tuvo ayer la ambición de un gigante. No se conformó nunca y peleó por la victoria hasta el final.
La victoria vino de las piernas de un sorprendente Daniel que,  en los últimos tiempos elevó su calidad como jugador a niveles nunca esperados.
Laforet transmitió sensaciones espléndidas desde el inicio del partido, aunque la calidad de juego de su rival estuvo a la altura y cualquiera podía haber ganado.         
El gol del triunfo lo marcó Daniel fruto de un pase de Alicia que venía de una jugada totalmente coordinada de todo el equipo.
Lo más destacado a parte del gol y el resultado fue la gran deportividad de todos los jugadores desde el inicio hasta que el árbitro pitó el final del partido, momento en el que ambos equipos se aplaudieron mutuamente.
Ante este comportamiento ejemplar de los jugadores la grada solo pudo tener la misma actitud deportiva.



20/5/16

TRABALLANDO A PUBLICIDADE COS CONTOS

A PARTIR DO LIBRO DE  "CAPUBLICITA ROJA", CADA EQUIPO DE 5º  ESCOLLEU UN CONTO CLÁSICO PARA TRABALLAR A PUBLICIDADE A PARTIRES DESE CONTO.
HAI RESULTADOS CHEOS DE IMAXINACIÓN E QUE CUMPREN OS REQUISITOS  DA PUBLICIDADE: O LOGOTIPO, O ESLOGAN , O LEMA, A CREATIVIDADE.
IREMOS MOSTRANDO POUCO APOICO O TRABALLO REALIZADO.
ESTE TITÚLASE " ALICIA EN EL PAÍS DE LA PUBLICIDAD"







AS FAMILIAS CON MANUEL MARÍA E " OS SOÑOS NA GAIOLA"

Gran éxito está obtendo a exposición que se convocou desde o centro contando coa colaboración das familias para idear outros formatos e posibilidades a calquera dos poemas de " SOÑOS NA GAIOLA".
Esta é unha pequena mostra do que vai chegando á exposición.
MOITAS GRAZAS A TODAS AS FAMILIAS POLA VOSA COLABORACIÓN!!







19/5/16

CENTRO COLABORADOR NO FOMENTO DO GALEGO

O DEPARTAMENTO DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA está levando a cabo unha campaña entre os comercios de Chapela ,invitando a estes ao uso e fomento do galego. 
Por ese motivo alumnado de 5º e 6º percorreu diversos comercios entregando uns adhesivos relativos á campaña como xeito de concienciación neste sentido.













MÁIS FOTOS DA MARATÓN